Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca Repsol > Automoción

Repsol Ceres S.T.O.U. 15W40

Repsol Agro Ceres S.T.O.U.


Aceite lubricante multigrao universal e multifuncional para tractores. A súa coidada formulación está deseñada para o seu uso tanto en motores de combustión interna (incluída os turboalimentados), como en transmisións, mandos finais, freos húmidos, embrague e en sistemas hidráulicos de maquinaria agrícola. Aceite lubricante de servizo múltiple e emprego xeral.

 

 






Calidades
 

  • Simplicidade no mantemento, un só aceite para todo o tractor.
  • Excelentes propiedades anti-ruído en freos húmidos.
  • Pola súa aditivación pode empregarse en motores diésel de aspiración natural e turboalimentados.
  • Bo comportamento no sistema hidráulico de movemento de apeiros.
  • Capacidade antidesgaste para previr o raiado e desgaste de engrenaxes.
  • Servizo en direccións asistidas, sincronismos e transmisións.
  • Homologado polos principais fabricantes de tractores.


Repsol Ceres S.T.O.U. 10W40

Aceite lubricante multigrao universal e multifuncional para tractores. A súa coidada formulación permite o uso tanto en motores de combustión interna (incluídos os turboalimentados) coma nos diferentes elementos do tractor ou maquinaria agrícola (transmisións, mandos finais, freos húmidos, embrague e sistemas hidráulicos). A súa estudada viscosidade garante un fácil arranque do motor e unha resposta rápida como hidráulico tanto en ambientes cálidos coma fríos.


Calidades 

  • Simplicidade no mantemento, un só aceite para todo o tractor.
  • Excelentes propiedades anti-ruído en freos húmidos.
  • Pola súa aditivación pode empregarse en motores diésel de aspiración natural e turboalimentados.
  • Excelente comportamento fronte a xuntas e elastómeros, que garante unha mellor compatibilidade coas diferentes partes dos sistemas hidráulicos; así mesmo garante unha rápida resposta en funcionamento.
  • Conservación e prolongación da vida do motor grazas aos seus aditivos antidesgaste; ademais, garante unha maior vida das transmisións.
  • As súas propiedades antiescumantes evitan a formación de escumas e facilita unha boa lubricación das diferentes partes da transmisión.
  • Óptimo servizo en direccións asistidas, sincronismos e transmisións.

Repsol Orion U.T.T.O.

Aceite lubricante universal para transmisións de tractores (U.T.T.O.). A súa estudada formulación faino apto para ser utilizado en caixas de cambios, grupos cónicos diferenciais, tomas de forza, sistemas hidráulicos, frenos húmidos (sinterizados ou compostos) e embragues. 

Calidades
 
  • Excelente protección antidesgaste e capacidade de carga, incluso en condicións extremas de traballo.
  • Boa resistencia á oxidación e compatibilidade cos materiais das xuntas.
  • As súas características de fricción están estudadas para eliminar o chío nos freos húmidos á vez que o deslizamento nos mecanismos das tomas de forza.
  • Pola súa versatilidade é apto para utilizarse cunha gran variedade de maquinaria agrícola.
  • Homologado polos principais fabricantes de tractores.
  • Non utilizábel como aceite de motor.        

 



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.