Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca CS > Automoción

TDI/GTI 10W40

CS TDI/GTI 10W40

Aceite lubricante que combina compoñentes sintéticos con  minerais de moi alto nivel de calidade que, xunto co avanzado paquete de aditivos, ofrece un produto deseñado especificamente para o uso en modernos motores de turismo gasolina e diésel. Os seus compoñentes sintéticos confírenlle unha elevada estabilidade química e á oxidación térmica que xunto co seu extraordinario rendemento permite optimizar os períodos de cambio de aceite.

TODOGRADO 20W50

Aceite lubricante multigrado CS


Aceite lubricante multigrao de base mineral para todo tipo de motores de gasolina e diésel lixeiros, con e sen catalizador e todo tipo de servizo, tanto de estrada e autoestrada como de cidade.

 

  • Mantén o motor limpo de depósitos e lamas, protexéndoo do desgaste e a corrosión.
  • A súa elevada estabilidade ao cisallamento, permítelle manter a viscosidade a elevadas temperaturas e durante longos períodos de tempo.
  • Baixo consumo de lubricante.  

MIZAR HD

CS Mizard HD

Aceite lubricante monograo para uso en servizos moderados de motores de gasolina e diésel aspirados, de dous e catro tempos. Formulados a partir de bases parafínicas moi refinadas e cunha coidada aditivación que lles confiren o máis alto nivel de rendemento na súa categoría. Poden ser utilizados tamén como fluídos hidraúlicos, especialmente o grao SAE 10W, cando se requiren propiedades deterxentes ou que cumpran a norma MIL-L-210D. Tamén son aptos para o seu uso en certos tipos de compresores de aire.

  • Aceites inhibidos contra a oxidación e formación de escumas, protexen da ferruxe e a corrosión.
  • Alto poder deterxente-dispersante mantendo os motores limpos de depósitos e lamas en frío.
  • Baixo consumo de aceite ao estar formulado con bases pouco volátiles.



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.