Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca CS > Automoción

CS Service Low Emissions C3 5W30

Aceite lubricante sintético de máxima calidade, deseñado especialmente para vehículos de última xeración. A súa formulación incorpora aditivos con reducido contido en cinzas, Mid SAPS, para a súa utilización en motores que incorporan sistemas de pos-tratamento de gases.

  • Especialmente deseñado para cumprir os requirimentos dos motores de última tecnoloxía que van equipados con filtro de partículas diésel.
  • Estudada viscosidade que permite aforro de combustíbel e á vez excelente protección antidesgaste grazas aos seus aditivos antifricción de alta calidade.
  • O seu reducido contido en cinzas (Mid SAPS) prolonga a vida útil de dispositivos de tratamento de gases de escape que minimizan a emisón nociva de partículas, o que contribúe á protección do medio ambiente.  

CS Service Long Life RN 5W30

Aceite lubricante sintético de máxima calidade deseñado para vehículos lixeiros de última xeración. A súa formulación incorpora aditivos con moi reducido contido en cinzas (Low SAPS), polo que está recomendado para motores gasolina ou diésel de altas prestacións que incorporen tecnoloxías para o tratamento dos gases de escape. Os seus compoñentes sintéticos confírenlle unha elevada estabilidade térmica que xunto ao seu extraordinario rendemento permite optimizar os períodos de cambio de aceite.

  • O seu reducido contido en cinzas (Low SAPS), faino necesario para asegurar a durabilidade das novas tecnoloxías aplicadas para diminuír o nivel de emisións contaminantes á atmosfera como filtros de partículas diésel (DPF). Especialmente desenvolvido para vehículos diésel RENAULT que requiran nivel de calidade RN0720.
  • Produto de longa duración que permite prolongar notabelmente os intervalos de cambio de aceite sen sacrificar a limpeza do motor.
  • Moi reducida volatilidade, así consegue un menor consumo de lubricante.
  • Excelente comportamento viscosimétrico en frío, o que facilita o arranque, e a alta temperatura o que reduce os desgastes en calquera condición de uso.
  • Adecuado poder deterxente-dispersante, o que asegura unha total limpeza dos elementos do motor.   

CS Service Long Life A3/B4 5W40

Lubricante de tecnoloxía sintética deseñado para satisfacer os requirimentos dos máis modernos motores de gasolina e diésel, nas máis diversas condicións climáticas e réximes de motor.

  • Aceite de tecnoloxía sintética multigrao, altamente estábel e resistente ao cisallamento.
  • Excelente comportamento viscosimétrico en frío, facilita o arranque e reduce ao mínimo o desgaste do motor.
  • A súa utilización en calquera vehículo mellora o rendemento enerxético, optimiza consumos, minimiza as friccións e protexe o motor na forma máis eficaz.
  • Elevado poder deterxente/dispersante que asegura unha limpeza total dos elementos do motor.    


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.