Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca CS > Automoción

ATF Fluído Transmisión Automática

Aceite lubricante especialmente deseñado para o seu uso en transmisións automáticas e direccións asistidas de vehículos onde se requira un nivel de calidade GM DEXRON II D. 
Homologado polos principais fabricantes de caixas de cambio automáticas.

  • O modificador de fricción presente na súa aditivación, proporciona un funcionamento suave e silencioso.
  • Grande estabilidade fronte á oxidación e corrosión proporcionando un excelente rendemento nas condicións máis severas de traballo dunha transmisión automática.
  • Aceite de duración estándar segundo as recomendacións dos fabricantes.
  • Moi boa fluidez a baixas temperaturas para un correcto movemento da transmisión en severas condicións climáticas.         

EP (Extrema Presión)

Aceite lubricante monograo de extrema presión, formulado a partir de excelentes bases parafínicas e aditivado con seleccionados aditivos EP, antioxidantes, antiescumante, etc, de forma que garantan a continuidade da película lubricante na superficie das engrenaxes, evitando ademais a súa corrosión e cunha longa vida de servizo.

Especialmente destinados á lubricación de caixas de cambio e diferenciais de tipo hipoide e helicoidal (Gleason) e de engrenaxes baixo cárter, onde se requira un nivel de calidade API: GL-5 ou tamén a norma militar MIL-L-2105 D.

  • Excelentes características de Extrema Presión (EP) o que permite o seu uso en servizos con cargas de choque, altas velocidades e baixa carga ou baixas velocidades e alta carga.
  • Non son adecuados para engrenaxes de coroa e parafuso sen fin con elementos de bronce.  

EP M (Media Extrema Presión 80W e 90)

Aceite lubricante monograo de extrema presión, formulado a partir de excelentes bases parafínicas, destinados a lubricar caixas de cambio manuais e outros mecanismos onde sexa requirido un nivel de calidade API GL-4.

  • As súas características de aditivación fano apto para a súa utilización en servizos con cargas de choque, típicas das engrenaxes de cambio.
  • Compatíbel cos elementos de bronce e cobre (sincronizadores) das caixas.     


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.