Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Lubricantes > Atención ao cliente > Preguntas máis frecuentes
Preguntas máis frecuentes

Aquí atopará respostas a todas as súas dúbidas sobre lubricantes: 


¿Que é un lubricante?

É unha mestura de aceite base máis aditivos que melloran as calidades e prestacións dese aceite base. Serve para:

  • Reducir a fricción entre dúas superficies metálicas.
  • Protexer os órganos mecánicos do desgaste e a corrosión.
  • Limpar e refrixerar os motores. Neles, o lubricante actúa como selante entre os segmentos/pistón e as camisas co fin de evitar as fugas de compresión.   
¿Pódense mesturar dous lubricantes nun mesmo motor?

Todos os lubricantes do mercado (motor de gasolina ou diésel, minerais ou sintéticos) se poden mesturar entre eles. Non obstante, a mestura de dúas calidades de aceites diferentes rebaixa a calidade superior.



¿Cal é a diferenza entre un lubricante sintético e un mineral?


Un lubricante mineral está formado por unha base obtida directamente da destilación do petróleo máis uns aditivos que lle confiren unhas propiedades que melloran as súas prestacións.

 

Nun lubricante sintético, as bases son tratadas dun modo físico-químico para obter unha base de maior calidade e prestacións. Nos lubricantes semisintéticos, conxúganse ambas as dúas: minerais e sintéticas.

¿Os lubricantes sintéticos son mellores?

Si. Os lubricantes sintéticos están especialmente concibidos para responder ás esixencias dos motores máis punteiros ou para ser utilizados a temperaturas extremas e en condicións de servizo moi esixentes.
¿Cal é a viscosidade máis axeitada para un lubricante?

A que recomenda o fabricante do vehículo.
¿Pódese cambiar de viscosidade dun cambio de lubricante a outro?

Si. Pode ser necesario adaptar a viscosidade en función das condicións de uso do vehículo, do medio e das condicións climáticas.



¿Pódense mesturar lubricantes con viscosidades diferentes?

Si. Ante unha necesidade urxente como pode ser o recheo cando o nivel de aceite está baixo. Hai que ter en conta que a viscosidade resultante non será a óptima.
¿Cal é o período de cambio de lubricante recomendábel?


O intervalo entre dous cambios de lubricante determínase polo fabricante en función das súas prestacións técnicas e das características do motor. Xeralmente vén dado en función de dous parámetros: a quilometraxe e o tempo de uso.

 

Non obstante, en certas condicións de uso, como a condución urbana, na que se suceden frecuentemente os arranques e as paradas, é importante reducir o intervalo entre os cambios de aceite. Segundo sexan as condicións de uso, é importante cambiar de aceite polo menos unha vez ao ano.

¿Unha reposición pode evitar un cambio de lubricante?


Non. Mentres exerce a súa función de lubricación o aceite sofre múltiples agresións -cárgase de impurezas e residuos da combustión e da oxidación-. O lubricante degrádase e perde eficacia.

Unha vez que o seu tempo de vida se superou, as súas calidades altéranse e xa non garanten a protección dos elementos do motor. Polo tanto, é necesario renovar regularmente a carga de aceite. As reposicións periódicas non conseguen a súa rexeneración.

 

Non obstante, débese verificar periodicamente o nivel (cada 1.000 quilómetros) e sobre todo, antes dun traxecto longo. Se fose necesario, é conveniente repoñer con aceite novo.

¿A cor negra do lubricante indica o mal estado deste?

Non
. A limpeza dos órganos internos do motor é unha das funcións do lubricante. No proceso de combustión do motor xéranse feluxes, lacas e outras impurezas. O lubricante debe recoller no seu seo estas impurezas, polo que necesariamente debe escurecerse.
¿Cales son os lubricantes que comercializa Repsol YPF?


Repsol YPF comercializa unha ampla gama de lubricantes para cubrir todas as necesidades dos clientes particulares para o seu automóbil.

 

Para coñecer con detalle cada lubricante, consulte este catálogo

¿Como podo realizar un pedido de lubricantes de Repsol YPF?

Se vostede é cliente de Repsol YPF, só con estar rexistrado como cliente en liña de lubricantes, xa pode realizar os seus pedidos a través de repsol.com accedendo á opción de servizos interactivos. Se aínda non está rexistrado, pode rexistrarse aquí.

 

Se aínda non é cliente de Repsol YPF, cubra este formulario para que poidamos poñernos en contacto con vostede.

 

Tamén poñemos á súa disposición os Teléfonos de Atención ao cliente.

¿Como podo anular, modificar ou consultar o estado dos pedidos dos lubricantes realizados a través de repsol.com?

Para anular, modificar ou solicitar calquera outro tipo de información sobre a situación dos pedidos de lubricantes, póngase en contacto por favor co Servizo de Atención ao Cliente no teléfono 901 100 054.
¿En que consiste o programa ADOC?


O programa ADOC é un servizo exclusivo para os clientes de flotas que permite, a partir da análise das súas mostras, facilitar un diagnóstico preciso do estado do lubricante nos seus vehículos.

 

Seleccione desta lista o que máis lle interesa:


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.