GLP Mundial desenvolve as súas actividades considerando como valores esenciais a seguridade, a saúde das persoas e a protección do medio. Asume os principios de Liderado e xestión integrada, de incorporación de criterios de seguridade, saúde e medio en todo o ciclo das súas actividades, de cumprimento das normas, de mellora continua e de comunicación e relacións coa sociedade que manifesta Repsol YPF na Política de seguridade, saúde e medio.
Os Sistemas de Xestión teñen na prevención, na formación, na concienciación, na competencia profesional e na revisión dos seus procedementos os piares básicos para a súa mellora continua. É nos Plans Estratéxicos de Medio e Seguridade (PEMAS), integrados na compañía, onde se estabelecen as liñas de actuación futuras de GLP Mundial para a protección ambiental e de seguridade.
Os Plans de Auditorías de Medio e Seguridade verifican a implantación do Sistema, a súa efectividade e conformidade. Detectan incumprimentos co obxecto de estabelecer as accións correctoras ou liñas de mellora para eliminalos. Consideran a realización de auditorías internas por persoal cualificado xunto coa realización de auditorías externas, asociadas a procesos de certificación ou de esixencia legal.
GLP Mundial estabelece, documenta e mantén ao día un Sistema de Xestión de Seguridade integrado polos Sistemas de Xestión de cada un dos países que o constitúe. Abrangue todos os aspectos da organización que teñan repercusión na protección das persoas, dos bens e do ámbito fronte aos riscos para a seguridade que presenten as actividades propias ou relacionadas directamente coas Unidades de Negocio e cuxo fin é:
Especial relevancia e pezas clave do Sistema son a seguridade dos clientes e a seguridade das instalacións exteriores. GLP Mundial ofrece entre os seus servizos o deseño, a construción e o mantemento de instalacións, así como recomendacións para unha utilización segura destas. Utiliza criterios de Seguridade na selección e valoración dos seus contratistas e provedores, esíxelles un comportamento acorde co estabelecido internamente.
O Sistema de Xestión de Seguridade segue e cumpre cos requisitos da norma internacional OHSAS 18.001.
GLP Mundial estabelece indicadores como elementos de referencia para analizar as súas evolucións e identificar as áreas de viabilidade ou progreso. Estes indicadores miden a evolución dos diversos compoñentes de accidentalidade e de prevención nas Áreas de Negocio. Unha vez elaborada e completada a avaliación dos indicadores seleccionados emítese un informe que servirá para promover áreas de mellora.
Dentro do proceso de mellora continua estabelecéronse medios axeitados de comunicación, rexistro e investigación de accidentes e incidentes que xeren accións correctoras.
Como prevención de accidentes graves e, para limitar as súas consecuencias, GLP Mundial realiza análise de riscos nas súas instalacións. Este tipo de análise estabelécese baseándose nunha clasificación do nivel de risco:
GLP Mundial implanta progresivamente nos centros produtivos sobre os que ten o control un Sistema de Xestión Ambiental certificado e auditado baixo o marco de referencia ISO 14001:2004.
Os gases licuados propano e butano carecen de toxicidade e non producen ningún residuo líquido nin sólido. Son gases limpos sen xofre e orientados a un consumo enerxético ecolóxico. A emisión destes gases á atmosfera non contribúe ao efecto invernadoiro.
As actividades desenvolvidas por GLP Mundial non inclúen ningún proceso químico, reactivos, fornos nin catalizadores, limítase ás accións de almacenamento, trasfego e envasado. Neste marco de actividade e en condicións normais de funcionamento exclúese a posibilidade de contaminación acuática ou terrestre. Os posíbeis riscos deben encadrarse naqueles asociados a actividades auxiliares ao proceso produtivo como son: combustión de caldeiras de calefacción de naves e edificios, vertedura de augas industriais e sanitarias, e xestión de residuos xerados en operacións de mantemento.
En cada Centro identifícanse os aspectos ambientais en condicións normais de funcionamento, en condicións anormais e en condicións de emerxencia e os posíbeis medios afectados tendo en conta emisións atmosféricas vehiculadas ou difusas, augas residuais, xeración de residuos, uso do solo, ruídos, consumos de recursos e materiais e impacto visual. Unha vez identificados, estes son valorados para detectar os que resultan significativos para o seu control.
A Área de Negocio de GLP informa trimestralmente dos parámetros ambientais da súa actividade achegando datos dos consumos de recursos (auga, electricidade, combustíbeis), emisións á atmosfera, verteduras de augas residuais, residuos perigosos e non perigosos, así como de derramo en caso de producirse.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.