Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Gas (Butano e propano) > Seguridade, calidade e ambiente > Compromiso de calidade
A excelencia no negocio do GLP

O negocio dos Gases Licuados de Petróleo (GLP), como parte integrante da actividade global de Repsol, é partícipe da política e organización que o Grupo ten estabelecido para asegurar a excelencia na xestión.

LIÑAS DE ACTUACIÓN

As principais misións da función en GLP mundial son:

- Asegurar que o negocio estea orientado á política e asumir as pautas de funcionamento do modelo de excelencia

- Evidenciar áreas de melloras, e promover o autocontrol e a xeración dinámica de áreas de mellora en todos os aspectos do modelo de excelencia

- Impulsar a loita contra os paradigmas e conseguir retorno tanxíbel, sostíbel no tempo coa materialización das áreas de mellora en todos os aspectos do modelo de excelencia

A excelencia, dentro da Unidade de Negocio de GLP, vén definida por 4 liñas principais de actuación:


1. Autoavaliacións

Acadar a excelencia na xestión é unha meta relacionada cos éxitos tanxíbeis da organización: que fai, como e por que o fai, que resultados obtén e como estes resultados se manteñen co tempo. O negocio de GLP contribúe ao avance de Repsol no seu camiño cara á excelencia, materializado a través do seu compromiso con clientes, accionistas, empregados, provedores/socios e coa sociedade. 

Ao igual que o resto do Grupo, o negocio de GLP adoptou como referencia o modelo de excelencia de Repsol.

A través das autoavaliacións, as unidades identifican os seus puntos fortes e áreas de mellora, miden en que punto se encontran no seu camiño cara á excelencia e cuantifican os seus avances. Estabelécense plans de mellora de carácter estratéxico, cunha planificación abranguendo dous ou tres anos.

Calidad

2. Xestión orientada a procesos

A xestión orientada a procesos é un medio para que a organización actúe de forma máis eficiente, xestione as súas actividades de xeito interrelacionado e sistemático, as encamiñe ao cumprimento dos obxectivos da organización, dentro dos cales a satisfacción dos seus clientes.

Unha vez identificado o Mapa de Procesos Clave da Dirección Executiva de GLP Mundial, a orientación a procesos proporciona un sistema de xestión cun cadro de mando que facilita a toma de decisións baseada en datos fiábeis, o que permite a asignación equilibrada de recursos ás actividades.

Así estabelécense:

 - Os criterios e métodos necesarios para asegurar unha operación e un control eficaz dos procesos.
- Como levar a cabo o seguimento, a medición e a análise destes.
- Como implantar as accións necesarias para alcanzar os resultados planificados e a mellora continua destes procesos.


Aenor

3. Sistema normalizado de calidade

O Sistema de Xestión da Unidade de Negocio de GLP tomou como referencia os requisitos aplicábeis da Norma Internacional UNE-NISO 9001. 

O Sistema de Xestión da Calidade está constituído polo conxunto da estrutura organizativa, o Manual de Calidade, as definicións de procesos, os procedementos, as instrucións técnicas e os documentos internos complementarios, así como os recursos que se estabelecen en GLP para levar a cabo a xestión das actividades dentro dun marco de eficacia e eficiencia, tendendo progresivamente á excelencia.


Estabelécense obxectivos de calidade como ferramenta para lograr a mellora continua da organización.

As actividades das unidades de GLP España, Portugal, Francia e Perú encóntranse en posesión de certificación ISO 9001. 


4.
Mellora continua

A través de calquera das ferramentas do sistema de xestión impúlsase a cultura de mellora continua: detección de oportunidades / necesidades de mellora.

GLP estabelece mecanismos de medición e avaliación da conformidade cos requisitos dos produtos e servizos realizados, sobre a base de enquisas de satisfacción dos clientes, a xestión de procesos e obxectivos, a análise de reclamacións, as auditorías internas, o control de non conformidades, etc.

A aplicación destas accións permite mellorar a competitividade de negocio, aumentando a súa capacidade e eficacia de forma sostíbel.

Ademais desas funcións a excelencia en GLP ten un labor de representación tanto interno coma externo: Participación en asociacións de Calidade e en actividades promovidas por estas, organización de foros e eventos, difusión dos principios da excelencia a outras organizacións (provedores, aliados, clientes, organismos públicos, universidades...), etc.



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.