
Repsol é unha das principais compañías de distribución polo miúdo de GLP do mundo e a primeira en España e Latinoamérica. Está presente en nove países de Europa e Latinoamérica.
As vendas de GLP en 2010 ascenderon a 3.108 miles de toneladas, o que supón un incremento do 3,8% respecto a 2009. Pola súa banda, as vendas totais en España aumentaron un 0,9% en comparación co exercicio anterior. En España, Repsol distribúe GLP envasado, a granel e canalizado por redes de distribución colectiva, e conta con preto de 10 millóns de clientes de envasado aos que subministra a través dunha rede de 243 axencias distribuidoras. Do total das vendas retallistas de GLP en España, as vendas de envasado representaron o 61% en 2010.
![]() |
(1) Brasil
(2) Inclúe vendas ao mercado de automoción, de operadores de GLP e outros.
As marxes comerciais do GLP en 2010 foron inferiores aos do ano anterior, fundamentalmente na canle de envasado en España, e debido á modificación do sistema de determinación dos prezos ordenado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en setembro de 2009. Na nova fórmula, o prezo que se aplica nun trimestre depende nun 25% dos prezos internacionais do trimestre inmediatamente anterior e nun 75% do prezo máximo que estivo vixente nese trimestre que conclúe. O cambio de fórmula tivo un impacto negativo nos resultados do cuarto trimestre de 2009 e en todo o ano 2010; de continuar o crecemento dos prezos internacionais do GLP, ou de manterse nos niveis actuais, tamén o terá en 2011.
En Portugal, Repsol distribúe GLP envasado e a granel ao cliente final e subministra outros operadores. En 2010 acadou unhas vendas de 162.000 toneladas, o que converte a compañía no terceiro operador, cunha cota de mercado do 21%.
En Latinoamérica, Repsol é líder en distribución de GLP en Arxentina, Ecuador, Perú e Chile. No mercado polo miúdo de Arxentina comercializa GLP envasado e a granel nos mercados doméstico, comercial e industrial, cunhas vendas de 332.000 toneladas.
Entre o 28 de setembro e o 1 de outubro de 2010 tiveron lugar en Madrid o Congreso Mundial de GLP, o Congreso Anual da Asociación Europea de GLP e o Congreso Anual da Asociación Iberoamericana de GLP, nos que Repsol tivo unha participación moi activa. Nos devanditos eventos púxose de manifesto a importancia do GLP na loita contra o cambio climático e na mellora da calidade do aire, así como o seu papel como combustíbel sostíbel destinado a liderar as enerxías alternativas.
Repsol está a desenvolver nos últimos anos varios programas de investigación, desenvolvemento e innovación centrados no GLP como carburante e combustíbel alternativo. Como exemplos, cómpre salientar a aplicación SolarGas, un sistema de abastecemento enerxético integral de vangarda, que combina a enerxía solar co GLP para proporcionar auga quente a fogares e empresas de xeito sostíbel e económico, con moi baixas emisións de CO2; a aplicación Autogas, onde o GLP é utilizado como carburante de automoción, co que se logran vantaxes ambientais grazas ás menores emisións en comparación con outros combustíbeis habituais; e novas aplicacións en agricultura, pesca, desenvolvemento de produtos e servizos coma o Easy Gas de Portugal.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.