Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Países > España > Particulares >
Bombona de Repsol butano k6

Nace k6, a nova bombona de 6 kg de butano. Unha bombona moderna, pequena, lixeira e manexábel.

Dentro ou fóra de casa, a nova bombona k6 está pensada para facilitarlle a vida, para que poida usala onde queira e para o que queira. Como é máis lixeira e doada de manexar, está chea de posibilidades. Preparar unha grellada no xardín, reunir os seus amigos ao redor dunha paella,…gozar de tantos novos plans como poida imaxinar.

Compatíbel coa instalación de butano tradicional

k6 é compatíbel coa instalación de butano tradicional, polo que pode utilizala ademais para os usos tradicionais: cociña, calefacción e auga quente.

Non é posíbel cambiar o envase da bombona tradicional de 12,5 kg por este novo envase, se o que quere é que lle retiren o envase da bombona tradicional porque xa non vai utilizala máis, debe chamar a axencia que lle levou o produto ata o seu domicilio.

Coñeza o seu punto de venda máis próximo

A nova bombona de butano k6 está sempre dispoñíbel. Pode atopala en exclusiva en estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor seleccionadas.

Bombona de Repsol butano k6

Como adquirila

Adquirir a nova k6 é moi sinxelo, só ten que achegarse ao seu punto de venda máis próximo e nuns minutos poderá gozar dos seus miles de posibilidades, para iso:

Se é a 1.ª vez que vai adquirir k6:

  • Deberá encher un contrato cos seus datos.
  • Xunto ao importe do gas deberá aboar o valor do Dereito de Alta e outro importe en concepto de fianza polo envase, o cal lle será reintegrado cando realice a devolución definitiva deste.

Se ten un envase antigo de 6 kg de butano:

  • Deberá entregar o envase antigo e cumprir un documento de baixa co que lle reembolsará a fianza.
  • Tras este pequeno trámite, poderá adquirir a k6 seguindo os pasos relatados no apartado anterior.

Se xa comprou a nova k6:

  • Poderá cambiar un envase por outro sen ningún cargo adicional. Só deberá pagar o importe do gas.


Máis información no 901 100 100.


Descubra aquí todas as pezas da campaña de publicidade.

Anuncio (mpg 2,76 Mb)

Cuña de radio (mp3 992 kb)

Prensa (pdf 392 kb)
 


Descargar Acrobat Reader


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.