Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Recomendacións xerais
Rejilla de ventilación


Os gases propano e butano non son tóxicos e pesan máis que o aire, polo que teñen tendencia a acumularse en lugares baixos e non se poden utilizar nos sotos.

Son inodoros. Engádeselles un olor característico para que vostede o note inmediatamente en caso de existir unha fuga.

Todos os aparellos de consumo han de corresponder aos tipos homologados polo Ministerio de Enerxía e deberán levar nun lugar visíbel a placa do fabricante.

Onde funcione un aparello a gas, ten que haber sempre ventilación. Non se deben tapar as reixas nin colocar obxectos que impidan a correcta ventilación.


Recipiente al fuego

Vixíe os recipientes postos ao lume. O seu contido poderá derramarse e apagar os queimadores provocando unha fuga de gas.

Limpe periodicamente os condutos de evacuación de gases e fumes.



Unha lapa viva de cor azulada indica unha boa combustión e, polo tanto, seguridade, economía e limpeza.

Contrate exclusivamente cunha empresa instaladora de gas autorizada as reparacións e os cambios que requira a súa instalación. Solicite a súa identificación e os certificados correspondentes.


Cartel advirtiendo del peligro de llama roja

Cando se vaia ausentar durante un tempo prolongado, non esqueza pechar as chaves de paso e a xeral da vivenda. Faga revisar periodicamente os seus aparellos. Unha lapa ruidosa e inestábel indica que o aparello que a produce debe ser revisado.

 

A lapa con puntas vermellas ou amarelas indica unha mala combustión debido a unha deficiente regulación ou a sucidade nos queimadores. Unha mala combustión produce un gas tóxico chamado monóxido de carbono e chisna o fondo dos recipientes de cociña.


Advertencia de no instalar el depósito cerca de materiales combustibles

Asegúrese de que non hai materiais combustíbeis (madeiras, aceites, herbas secas, etc.) nas proximidades do depósito.



Manteña a superficie arredor do depósito nun bo estado de limpeza. Evite que as herbas invadan a zona de almacenamento.


 

 

 

 

 

 

 

 


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.