Este proceso permítelle realizar cambios tanto na titularidade do contrato como nos datos relativos á instalación de consumo.
En ambos os dous casos, deberá dirixirse á súa Axencia co seu DNI ou NIF e o certificado de idoneidade da instalación ou o certificado de revisión en vigor.
En caso de cambio de enderezo, deberá conservar a dotación de botellas para poder realizar a modificación do contrato. De non ser así, deberá dar de alta un novo contrato. Tamén poderá beneficiarse deste procedemento en canto vostede se traslade a un novo enderezo no que xa están as botellas e o contrato do anterior propietario do almacén estea vixente.
En todos os casos, unha vez presentada a documentación necesaria na axencia, lle concertarán unha cita para que un técnico da nosa organización inspeccione a súa instalación.
Unha vez comprobado o correcto estado da instalación, a axencia facilitaralle para que o cubra, un documento de regularización contractual.
Este procedemento ten para vostede unicamente o custo correspondente á visita do técnico ao seu almacén.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.