Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Novo contrato
Requisitos necesarios
bombonas de butano

Se vostede ten unha instalación alimentada por botellas de butano ou propano e quere contratar a subministración coa nosa compañía, necesitará os seguintes documentos:



  • A fotocopia do DNI. En caso de empresas, a fotocopia do último recibo do IAE.
  • No caso de vivenda nova, a fotocopia da cédula de habitabilidade ou o documento substitutivo esixíbel polas comunidades autónomas.
  • O certificado de instalación de gas ou o certificado de idoneidade da instalación. Non é necesario no caso de que a instalación non teña o carácter de instalación receptora (aparellos de consumo sen instalación ríxida).
  • O certificado de instalación de calefacción co rexistro de entrada do OTC se procede.

    Con todos os documentos, deberá contactar coa Axencia da súa zona para concertar unha cita cun técnico da nosa organización que inspeccione a súa instalación. É o que denominamos "visita previa á alta".

    Unha vez que estea certificada a idoneidade da súa instalación para o consumo, deberá dirixirse ás oficinas da súa axencia con toda a documentación indicada para proceder á sinatura do contrato.



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.