Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

imagen
¿Por que facer a Revisión Periódica?
Instalación de gas butano

A principal razón para revisar a súa instalación radica na súa propia seguridade. Neste sentido, a normativa vixente estabelece que todos os titulares dunha instalación de Gas Licuado do Petróleo (GLP) envasado son responsábeis de mantela en óptimas condicións de seguridade.

En concreto, o Real Decreto 919/2006 do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustíbeis gasosos, no seu artigo 7, determina a obriga por parte do titular da instalación, ou no seu defecto, do usuario, de realización da Revisión Periódica.


¿Que facer para manter correctamente a miña instalación?

Como titular ou usuario dunha instalación alimentada por botellas de butano ou propano, está vostede suxeito ás obrigas dispostas no artigo 7 do Regulamento técnico de distribución e utilización de combustíbeis gasosos, aprobado no Real Decreto 919/2006 do 28 de xullo.

Estas obrigas basicamente son:

  • Efectuar a revisión periódica da instalación, para o que deberá solicitar os servizos dunha empresa instaladora de gas autorizada. Esta revisión periódica debe realizarse cada 4 ou 5 anos, depende da Comunidade Autónoma.
  • Substituír, dentro de prazo, todos aqueles elementos da instalación que teñan data de caducidade.

Así mesmo, aconsellámoslle que siga uns sinxelos consellos de seguridade:

  • Que a condución flexíbel non estea en contacto coa parte posterior do forno da cociña ou de calquera outra fonte de calor.
  • Debe haber sempre ventilación onde funcione un aparello a gas. Non obstrúa as reixas nin as tape con ningún obxecto.
  • Teña en conta que a lapa reflicte a calidade da combustión. Se esta é boa, a lapa ten que ser viva, estábel e azulada. Se é ruidosa, inestábel e con puntas amarelas, faga revisar os aparellos polo servizo técnico do fabricante.

Se nota olor a gas, non acenda ningunha lapa nin accione ningún interruptor eléctrico. Peche o regulador, ventile o cuarto e chame o Servizo de Atención de Avarías ao 901 12 12 12.

Observacións sobre estufas, grellas, paelleiras e outros

Vostede non ten obriga de realizar a revisión periódica se os envases que ten contratados están destinados a alimentar aparellos móbiles como estufas, grellas ou paelleiras.

Non obstante, recomendámoslle que, pola súa seguridade, efectúe un mantemento preventivo do aparello e cambie os elementos con data de caducidade dentro do prazo indicado.

Repsol Butano


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.