Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

imagen
¿En que consiste?
cocina con instalación de gas

 

 

O obxectivo da Revisión Periódica é comprobar que a instalación de gas se atopa en condicións de dar servizo de xeito seguro e que cumpre a normativa vixente. 

 

Nunha Revisión Oficial os nosos Técnicos realizan fundamentalmente as seguintes operacións: 

  • Revisan as condicións do local en canto a ventilación.
  • Comproban que os envases están no lugar axeitado.
  • Revisan as conducións para ver se están caducadas, son inadecuadas, están mal instaladas ou deterioradas.
  • Comproban o bo funcionamento dos reguladores.
  • Comproban que a combustión dos aparellos é correcta. 

Non obstante, de acordo ao Regulamento técnico de distribución e utilización de combustíbeis gasosos aprobado polo Real Decreto 919/2006 do 28 de xullo, as operacións que se realizan ao revisar a instalación varían en función da presión de alimentación, remitindo a normas UNE para os requirimentos técnicos: 

  • UNE 60670 - ata 5 bar:

    • Comprobación da estanquidade da instalación receptora e verificación do bo estado da instalación, da combustión hixiénica dos aparellos e a correcta evacuación dos produtos da combustión, segundo o procedemento descrito nas normas UNE 60670-12 e 60670-13.
    • Tamén se comprobará o estado de protección catódica das canalizacións de aceiro enterradas.           

  • UNE 60620 - para máis de 5 bar:

    • A revisión periódica realizarase de acordo cos procedementos descritos na norma UNE 60620-6.
    • Tamén se comprobará o estado de protección catódica das canalizacións de aceiro enterradas.         

Repsol Butano


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.