Aviso de Revisión Periódica da instalación - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

imagen
Aviso de Revisión Periódica da instalación
Personal de mantenimiento en domicilio particular

Repsol Butano, como empresa subministradora de gas, ten a obriga de avisar aos seus clientes da necesidade de efectuar a revisión periódica da súa instalación antes de que esta caduque.

No caso de que a revisión periódica caducara, e non se teña constancia de que se efectuara unha nova revisión periódica nalgunha das instalacións dos nosos clientes, a empresa subministradora debe enviar ao Servizo Territorial de Industria competente unha notificación segundo o Real Decreto 919/2006 do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustíbeis gasosos.

Neste caso, o Servizo Territorial de Industria competente pode emitir resolucións que obriguen a Repsol Butano, como empresa subministradora, a enviar unha nova carta a estes clientes nas que se lles ofrece un último prazo para realizar a revisión periódica.

En caso de non estar de acordo con algunha das cartas recibidas, non dubide en poñerse en contacto con nós a través do Servizo de queixas e suxestións de Repsol YPF ou chamando ao 901 100 100.


Repsol Butano


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.