Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

imagen
¿Que é un Servizo Oficial?
Personal de mantenimiento en domicilio particular

Servizo Oficial de Repsol Butano é unha empresa instaladora de gas que exerce actividades de montaxe, reparación, mantemento e control periódico de instalacións de gas, con todas as garantías de seguridade que lle ofrece Repsol Butano. 

Con Repsol Butano pode ter a absoluta seguridade de que todos os nosos servizos oficiais cumpren todos os requisitos esixidos pola actual regulamentación, e que se están autorizados mediante o correspondente certificado de empresa instaladora de gas, emitido polo órgano correspondente da Comunidade Autónoma, e que está polo tanto inscrito no Rexistro de Estabelecementos Industriais creado ao abeiro do artigo 21 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e desenvolvido polo Real Decreto 697/1995, de 28 de abril. 

Asegúrese sempre de que quen revise a súa instalación sexa unha empresa instaladora de gas autorizada e de que sexa o seu Servizo Oficial de Repsol Butano. 

Pode chamar os nosos servizos oficiais para realizar calquera dos seguintes traballos: 

  • Solicitude de revisión da instalación
  • Presuposto da realizacion de nova instalación
  • Presuposto de modificación de instalación existente
  • Emisión de certificados de instalacións
  • Cambio de tubo flexíbel ou regulador  

Pulse aquí para atopar o Servizo Oficial máis próximo.


Repsol Butano


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.