O Servizo Oficial ofrécelle a posibilidade de elixir entre dous novos servizos:
- Servizo de Mantemento Básico
- Servizo de Mantemento Plus
Servizo de Mantemento Básico
Con este servizo poderá obter os seguintes beneficios:
- Revisión Oficial obrigatoria.
- Servizo de Atención de Avarías 24 horas, con atención gratuíta en caso de que a avaría se deba ao envase de Repsol Butano.
- Presuposto gratuíto e sen compromiso.
- Seguro cunha cobertura de ata 6.000 €.
Servizo de Mantemento Plus
Con este servizo, a túa tranquilidade será aínda maior, pois inclúe as seguintes vantaxes:
- Revisión Oficial obrigatoria.
- Control Anual da túa instalación realizando as mesmas operacións que unha revisión oficial, comprobando o axeitado estado da túa instalación todos os anos.
- Servizo de Atención de Avarías 24 horas, comprometéndonos a atender a túa avaría en menos de 2 horas (ou 3 horas fóra do horario comercial), no que se inclúe de xeito gratuíto:
- Atención no caso de que a avaría se deba ao envase de Repsol Butano.
- Cambio do tubo flexíbel ou o regulador se se observa un mal funcionamento.
- Desprazamento do técnico e tres horas de man de obra.
- Seguro cunha cobertura de ata 30.000 €.
- Domiciliación Bancaria: ofrecendo a posibilidade de efectuar o cargo anual na túa conta.
- Presuposto gratuíto e sen compromiso.