

O Servizo de Atención de Avarías cobre as 24 horas e permanece á súa disposición todos os días do ano.
Para dispoñer deste servizo, pode chamar ao 901.12.12.12 e un dos nosos técnicos acudirá ao seu domicilio nun prazo non superior a tres horas.
Se a avaría se localiza nalgunha das nosas botellas, este servizo será absolutamente gratuíto. Se a avaría se produciu en calquera outra parte da instalación que non sexa a botella e dispón do documento de garantías e servizos que lle entregamos por facer a revisión periódica cun dos nosos Servizos Oficiais, a primeira media hora de man de obra e o desprazamento serán gratuítos. Todo iso entra durante o período de vixencia da revisión e se a avaría se localiza nalgún destes elementos.
Se a avaría se localiza en calquera outra parte que non sexa a botella e non dispón do documento de garantías e servizos, deberá aboar ao Servizo Oficial unha cantidade polo servizo, que inclúe o desprazamento e a primeira media hora de man de obra. Tarífanse á parte os materiais necesarios para a reparación e a man de obra que exceda da primeira media hora.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.