Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Recomendacións de utilización e seguridade
Gas butano - propano envasado
Icono identificación empresa instaladora

 

Calquera nova instalación de gas ou cambio dunha antiga ten que realizalo unha empresa instaladora autorizada. 


instalaciones correctas de butano__1682.gif


Vostede debe manter en perfecto estado as súas instalacións e utilizalas correctamente. 


Escape de gas__1684.gif


Se nota olor a gas, non acenda ningunha lapa nin accione ningún interruptor eléctrico. Peche o regulador, ventile a estancia e avise ao Servizo de Avarías ao seguinte teléfono 901 121 212


Llama azulada

A lapa reflicte a calidade da combustión. Se esta é boa, a lapa será viva, estábel e azulada. Se é ruidosa, inestábel e con puntas amarelas, faga revisar os aparellos polo servizo técnico do fabricante. Mellorará a combustión e diminuirá o consumo de gas. 


dibujo de sótano__1686.gif


Os gases butano e propano non son tóxicos. Como pesan máis que o aire, tenden a acumularse nos lugares baixos, polo que non se poden empregar nin almacenar nos sotos. 


Aparatos de ventilación


Ten que haber sempre ventilación onde funcione un aparello de gas. Non obstrúa nin tape as reixas con ningún obxecto. 


olor a escape de butano__1688.gif


O propano e o butano teñen un olor característico para que vostede o note inmediatamente en caso de fuga. 


tubo de goma__1689.gif


O tubo flexíbel non se debe empregar máis alá do período de caducidade que nel se indica. Non o force nunca tirando en exceso. 



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.