Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Uso de GLP en autocaravanas

Outro dos grandes usos do GLP hoxe en día, é o seu emprego para a subministración de enerxía a autocaravanas. 

Tal e como se indica no RD 919/2006 de 28 de xullo polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustíbeis gasosos no que se inclúe a ITC-ICG 10 (Instalacións de gases licuados do petróleo de uso doméstico en caravanas e autocaravanas), unha vez que foi expedido o certificado de instalación, esta considerarase en disposición de servizo.

A partir dese momento, o titular da instalación da autocaravana poderá solicitar á Axencia os envases de GLP. 

A documentación necesaria para a alta de caravanas e autocaravanas será a seguinte:

  • Permiso de circulación e ficha técnica da autocaravana. 
  • Certificado de instalación emitido por unha empresa instaladora autorizada que acredite que a instalación está en regra e cumpre todos os requisitos esixíbeis, que deberá conter todos os datos recollidos no Anexo I da ITC-ICG 10 Modelo IRV-1 ou Certificado de Revisión Periódica que deberá conter todos os datos recollidos no Anexo II Modelo IRV-2 do RD 919/2006.  

Polo que respecta ao domicilio que debe figurar no contrato, este será o que apareza no permiso de circulación da autocaravana, que é, para todos os efectos, o da vivenda móbil e o do seu propietario, e farase constar a matrícula do vehículo e o seu n.º de bastidor. 

Respecto ao mantemento da instalación, serán os titulares ou, no seu defecto, os usuarios das instalacións de GLP, os responsábeis da conservación e do bo uso da devandita instalación, seguindo os criterios estabelecidos no RD 919/2006, de tal forma que estea permanentemente en disposición de servizo, co nivel de seguridade axeitado. 


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.