Preguntas máis frecuentes
Aquí poderá encontrar a solución ás súas dúbidas máis habituais:
¿Cal é a miña axencia?
Busque
aquí a axencia distruibuidora máis próxima ao seu domicilio.
¿Cal é o meu servizo oficial?
Os servizos oficiais son empresas co título oficial de instaladores de gas, que poñen á súa disposición os máis modernos medios técnicos e o persoal máis cualificado.
Busque
aquí o servizo oficial máis próximo.
¿Como podo facer unha revisión da miña instalación?
Pulse
aquí para solicitar unha revisión da súa instalación.
¿Que debo facer para rescindir o contrato de subministración?
Unha vez solicitada a baixa do contrato na súa axencia distribuidora, o procedemento poderá ser calquera dos seguintes:
- O repartidor retirará os envases do domicilio e pagaralle o importe da fianza aboada no seu momento e que figura no seu contrato.
- O repartidor retirará os envases do seu domicilio e entregaralle un documento xustificativo da devandita retirada. Posteriormente, o titular do contrato deberá dirixirse á axencia distribuidora con este documento e a póliza de subministración para asinar a baixa e recibir o aboamento da fianza correspondente.
- O cliente entregará os envases no almacén da axencia distribuidora correspondente e posteriormente, na axencia distribuidora, asinará a baixa da póliza e recibirá o aboamento da fianza correspondente.
¿Cal é o meu almacén de botellas?
Pulse
aquí para localizar o almacén de botellas máis próximo ao seu domicilio.
¿É obrigatorio revisar a instalación?
Todos os titulares dunha instalación de GLP envasado teñen a obriga de mantela en condicións de seguridade.
Esta obriga estabelécese no Real decreto 1085/1992 do 11 de setembro polo que se aproba o Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo, que estabelece no seu artigo 22 as obrigas dos titulares de contratos de subministración.
Ademais, estabelece o deber de levar a cabo unha revisión da instalación cada cinco anos por parte dunha empresa legalmente habilitada para iso.
¿Que debo facer para que me cambien o tubo flexíbel?
Pulse
aquí para solicitar o cambio do tubo flexíbel.
¿Como podo comprobar que é un servizo oficial de Repsol Butano?
Os servizos oficiais de Repsol Butano atenden as necesidades dos nosos clientes en canto ao mantemento ou a realización de instalacións novas.
En cada zona, actúa un único servizo oficial polo que, en caso de recibir a visita dunha empresa que se identifique como pertencente a Repsol Butano, recomendámoslle que consulte repsolypf.com ou chame ao noso servizo de atención ao cliente 901 100 100 para comprobar que verdadeiramente é o servizo oficial de Repsol Butano.
Consulte
aquí o seu servizo oficial.
¿Como contratar o servizo?
Se conta cunha instalación alimentada por botellas de butano ou propano e quere contratar a subministración coa nosa compañía, necesitará os seguintes documentos:
- A fotocopia do DNI ou, en caso de empresas, a fotocopia do último recibo do IAE.
- No caso dunha vivenda nova, a fotocopia da cédula de habitabilidade ou o documento substitutivo esixíbel polas comunidades autónomas.
- O certificado de instalación de gas ou certificado de idoneidade da instalación. Non é necesario no caso de que a instalación non teña o carácter de receptora (aparellos de consumo sen instalación ríxida).
- O certificado de instalación de calefacción co rexistro de entrada do OTC se procede.
- Necesitarase tamén o proxecto construtivo visado polo Colexio Oficial correspondente, coa copia do xustificante de entrada no OTC, o certificado de dirección de obra e o esbozo da instalación nos seguintes casos:
A. Para envases de propano de 35 kg se as botellas conectadas simultaneamente (consumo máis reserva) son máis de 10.
B. Para instalacións con botellas de 11 kg de propano ou 12,5 kg de butano cando as botellas conectadas de xeito simultáneo (consumo máis reserva) superen as 18 botellas de propano ou as 16 de butano.
C. Para as instalacións individuais cunha potencia nominal de utilización simultánea superior a 70 kW.
- Unha vez reunidos estes documentos, deberá contactar coa axencia distribuidora da súa zona, que concertará unha cita para que un técnico da nosa organización inspeccione a súa instalación. É o que se denomina visita previa á alta.
- Certificada a idoneidade da súa instalación para o consumo, deberá dirixirse ás oficinas da súa axencia distribuidora con toda a documentación indicada para proceder á sinatura do contrato.
¿Como sei cando debo efectuar unha revisión?
Repsol Butano envía unha carta a cada un dos seus clientes cando se van cumprir os 5 anos dende a última revisión realizada. Posteriormente, un dos nosos servizos oficiais contacta con cada cliente para ofrecer este servizo e concertar unha cita se o cliente quere efectuar a revisión.
Non obstante, no caso de que vostede queira realizar a revisión da instalación, non necesita esperar a recibir esta comunicación. Pode solicitala a través de
repsol.com ou chamando ao noso servizo de atención ao cliente 901 100 100.
¿Que debo facer para cambiar a titularidade?
Se vostede desexa facer un cambio de titularidade na súa póliza de subministración de gas, pode facelo dirixíndose á súa axencia distribuidora. Solicitaráselle un certificado da instalación, o de idoneidade ou o de revisión en vigor e concertaráselle unha cita para que un técnico da nosa organización inspeccione a súa instalación.
Unha vez comprobado o correcto estado da instalación, a axencia facilitaralle, para enchelo, un documento de regularización contractual. Este procedemento ten para vostede unicamente o custo correspondente á visita do técnico ao seu domicilio.
Consulte
aquí a súa axencia distribuidora.
¿Cal é o tempo de vixencia das revisións das instalacións?
O prazo de vixencia dunha revisión da instalación é de 5 anos. Este prazo estabelécese no Real decreto 1085/1992 do 11 de setembro polo que se aproba o Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo.
¿Como se poden pedir botellas?
Para realizar o seu pedido de botellas de butano ou propano, debe poñerse en contacto coa súa axencia distribuidora.
Pode facelo chamando por teléfono, comunicándollo ao repartidor ou comparecendo nas oficinas da axencia. En caso de non dispoñer do teléfono ou enderezo da súa axencia distribuidora, pode consultalo chamando ao servizo de atención ao cliente 901 100 100 ou no buscador de
axencias distribuidoras.