O pasado 3 de decembro Antonio Brufau, Presidente de Repsol, e Alberto Ruiz Gallardón, Alcalde de Madrid, asinaron un convenio marco de colaboración polo que se comprometen a desenvolver o uso de AutoGas (gas licuado do petróleo para automoción) na cidade de Madrid. O acordo considera unha serie de medidas para fomentar o uso deste carburante e lograr a súa implantación efectiva. O acto de firma celebrouse na estación de servizo Repsol situada na T2 do aeroporto de Barajas.
A través deste convenio, Repsol comprométese a implantar as infraestruturas necesarias para a recarga de AutoGas na súa rede de estacións de servizo da cidade de Madrid, e a propoñer e colaborar coas medidas que se desenvolvan para promover o seu uso.
O Concello de Madrid, pola súa banda, levará a cabo actuacións para a efectiva implantación deste carburante, entre as que se inclúe facilitar e axilizar os trámites para a concesión dos permisos e licenzas necesarios para comercializar AutoGas nas estacións de servizo Repsol da capital.
Ademais, tanto a compañía coma o Concello participarán en accións divulgativas e colaborarán co desenvolvemento de actos públicos, xornadas técnicas e conferencias deseñadas para promover a utilización deste carburante e informar sobre os beneficios que comporta o seu uso.
Actualmente Repsol está a desenvolver un proxecto de ámbito nacional que culminará coa implantación de 80 puntos de venda de AutoGas a finais de 2010, algúns dos cales, como o da estación de servizo de Barajas T2 en Madrid que acolleu o acto, xa están operativos.
Máis información sobre Autogas
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.