¿Que vehículos poden utilizar Autogas como carburante? - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > ... > Autogas > Información do produto > Que vehículos poden utilizalo
¿Que vehículos poden utilizar Autogas como carburante?

No segmento de turismos e furgonetas, a día de hoxe, 18 fabricantes de vehículos comercializan en Europa 54 modelos de vehículos a Autogas, que poden ser adquiridos nos correspondentes concesionarios.

Pero o Autogas tamén pode ser utilizado como carburante en vehículos de gasolina que xa estean en circulación. Basta unha sinxela transformación para incorporarlles un equipo a Autogas, que pode realizarse en calquera dos talleres autorizados. Isto convérteos en vehículos bi-fuel, que poden desprazarse utilizando indistintamente calquera dos dous carburantes, o que lles proporciona unha dobre autonomía.

Todos os vehículos a Autogas, xa sexan novos ou transformados, están desenvolvidos coas prestacións, fiabilidade e garantías equivalentes ás dos vehículos diésel ou gasolina e en constante evolución.

 

 

 

Descargar Acrobat Reader


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.