Autogas para frotas - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Autogas para frotas

O autogás pode utilizarse como carburante para frotas que se abastezan nunha instalación de almacenamento e subministración (SKID) para o seu uso exclusivo.

imagen

Un SKID consiste basicamente nun centro de almacenamento cun depósito de gas, coa capacidade suficiente para asegurar unha axeitada autonomía de subministración, unha rede de transporte do gas en fase líquida e un ou varios aparellos surtidores, cos seus correspondentes equipos de bombeo.

Este tipo de instalación, Repsol, cédea en réxime de alugueiro ao cliente, con cotas decrecentes ata cero segundo o consumo que teña este. Repsol encárgase dos todos os trámites administrativos, da posta en marcha e do mantemento da instalación. O autogás que se vende neste tipo de instalación é a granel, con prezo referenciado á materia prima internacional e ofrece importantes descontos aos seus clientes segundo o seu consumo.

Actualmente Repsol subministra máis de 18 millóns de litros de autogás a frotas de autobuses, autoescolas, vehículos comerciais, carretas elevadoras e karts.

A oferta comercial de Repsol para frotas a autogás baséase na sinatura dun Contrato CF, con condicións específicas de prezo e servizos, personalizadas para cada cliente en función do número de vehículos da frota e do consumo destes.

O perfil dos clientes de frotas que utilizan hoxe o autogás vai dende administracións e organismos públicos (Concello de Málaga e Alacant, Universidade de Murcia...), como empresas privadas (G&S Andragon, Caher Servicios al Marketing, Fiscorier, S.L., Compañía de Bebidas Pepsico, S.L., Seur Geopost, Samur, Mivisa, S.A.U, Ambuiberica, Grupo Antolin...).

Acordo coa Federación Galega de Autoescolas 

Logismarket: Carretas a gas

Nissaneco-x: Carretas a gas

Contacte con nós se desexa recibir máis información.



Descargar Acrobat Reader


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.