Logismarket: Carretas a gas - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Logismarket: Carretas a gas
1.- ¿QUE É AutoGas?

Autogás é unha mestura de GLP (Gases Licuados do Petróleo) que se utiliza como carburante en automoción, é o carburante alternativo máis utilizado no mundo.

Trátase dun carburante limpo e económico que mellora a calidade do aire de forma rápida e efectiva, xa que emite menores cantidades de óxido de nitróxeno, monóxido de carbono e hidrocarburos.

2.- ¿Como se pode usar o autogas?

Hoxe en día, existen dúas posibilidades para a súa utilización en carretas elevadoras:

  • A través da subministración de botellas de 12 kg de carga neta de autogás para a súa colocación nunha carreta. O autogás é comercializado en botellas por Repsol Butano a través da súa ampla rede de axencias distribuidoras.
  • A través de instalacións autónomas de subministración en exclusiva (subministración directa de autogás a granel) dende un surtidor a un depósito fixo instalado en cada carreta. O autogás comercializado a granel necesita dun punto de subministración de autogás dentro dos terreos do cliente, composto basicamente dun depósito de almacenamento, unha bomba e un poste de subministración para a subministración ás carretas.       

O depósito de almacenamento é un recipiente de aceiro destinado a conter autogás en estado líquido baixo presión. Estes depósitos poden ser aéreos ou enterrados en función do terreo dispoñíbel e das necesidades do cliente, estabelécense sempre as medidas de seguridade regulamentarias.

3.- Razóns para elixir autogás:

  • O custo de cada carreta é lixeiramente inferior ás diésel.
  • O seu mantemento é máis económico.
  • Unha vida máis longa do motor, por un menor desgaste na combustión.
  • Baixos tempos de recarga.
  • De autonomía similar á dos produtos diésel e moi superior á dos eléctricos.
  • Maior respecto ao ambiente. Baixas emisións de contaminantes, tanto regulados coma non regulados.
  • Condución suave, silenciosa e sen vibracións.
  • Resposta case inmediata ante a demanda dun esforzo. Maior potencia e maior par motor a carga parcial, que é o seu réxime natural de funcionamento.

4.- Vantaxes fronte a outros produtos:

Fronte ás carretas de gasóleo:

  • Emisións menos contaminantes.
  • Menor custo da carreta.
  • Menor custo de combustíbel.
  • Maior suavidade de condución.
  • Maior vida do motor.
  • Menor custo de mantemento.
  • Funcionamento máis silencioso.
  • Posibilidade de uso en zonas restrinxidas a determinados combustíbeis.     


Fronte ás carretas GNC (gas natural comprimido):

  • Custosa infraestrutura de recarga do GNC.
  • Menor custo da instalación (obra civil, proxecto e autorizacións).
  • Menor custo da carreta.
  • Menor custo de mantemento.
  • Maior eficiencia enerxética.
  • Difícil control da calidade do carburante do GNC.
  • Elevados tempos de recarga.
  • Só utilizábel en zonas con rede de gas natural.    


Fronte ás carretas eléctricas:

  • Menor investimento na instalación.
  • Menor custo da carreta.
  • Menores custos derivados do combustíbel.
  • Maior vida da carreta.
  • Maior capacidade de carga.
  • Menor custo de mantemento.
  • Maior eficiencia enerxética.
  • Menores tempos de recarga (carga). 
  • Maior autonomía.    

 

Volver


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.