Introdución Autogas - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Introdución Autogas
¿Que é o Autogas?

É unha mestura de GLP (Gas Licuado do Petróleo) utilizado como carburante en automoción, e definido a nivel europeo pola Norma UNE EN 589.

Hoxe en día, o AutoGas é o combustíbel alternativo máis utilizado no mundo, é o único con posibilidade real de aplicación efectiva e inmediata de cara ao gran público. En Europa, este combustíbel xa é un feito, existen máis de 6 millóns de vehículos alimentados con AutoGas (a escala mundial xa son máis de 11 millóns), sen contar os máis de 1.400 autobuses urbanos que xa o utilizan en 25 cidades europeas.

As adaptacións para usar este combustíbel alternativo realízanse só sobre vehículos de gasolina, non sobre os diésel. Cabe resaltar que é unha adaptación e non unha transformación, xa que unha vez instalados os elementos correspondentes, o vehículo poderá utilizar un combustíbel ou outro indistintamente.

Acordo coa Federación Galega de Autoescolas

 A través deste acordo coa Federación Galega de Autoescolas (FGAE), estabeleceuse un marco de cooperación común cun primeiro acordo durante os anos 2008 e 2009 para impulsar o uso de GLP como combustíbel.

O acordo estabelécese nas seguintes condicións:

Con este acordo coa FGAE, Repsol Gas asume o sobrecusto que supón a adquisición de novos vehículos adaptados para o uso de GLP como combustíbel, diferenza valorada en 2.000 euros/unidade, a favor das autoescolas asociadas a FGAE durante o período de vixencia do acordo. 

Repsol Gas encargarase da instalación dunha unidade autónoma de abastecemento (SKID) nas dependencias propias das autoescolas que teñan, como mínimo, 5 coches ou se comprometan a compralos en menos de 3 anos, baixo un contrato de instalación e subministración. A autoescola debe facilitar o lugar de colocación, a obra civil e a instalación eléctrica necesarias.

Ademais, Repsol ofrece ás autoescolas unha serie de descontos no consumo deste carburante baixo dúas modalidades:

  1. Para as subministracións realizadas a través dunha unidade autónoma (SKID):
    Os descontos virán en función de todas as subministracións acumuladas globalmente por todos os asociados de FGAE, en cada ano contractual de acordo coa seguinte escalado de consumo:

    Consumo anual Desconto €/Tm
    sobre a tarifa frotas
    Repsol Gas
     
    0-12 tm 0
    12-30 tm 20 
    30-60 tm 30 
    60-100 tm 40 
    100-200 tm 60 
    Máis de 200 tm 80 

  2. Para as subministracións realizadas a través dos surtidores de Autogas:
    Aplicarase ás autoescolas adheridas a este acordo un desconto sobre a tarifa oficial en cada momento de 0,03 € por cada litro subministrado.   

Para apoiar o desenvolvemento desta iniciativa, Repsol Gas aboará:

  • Por cada novo vehículo das autoescolas asociadas que utilice Autogas, Repsol Gas achegaralles vales de subministración ou desconto nas subministracións de GLP por valor de 1.500 €.     

Por que elixir Autogas como carburante:

A continuación dámoslle algunhas das razóns para elixir Autogas como carburante. Valóreo vostede mesmo e bote contas.

  • Por unha maior vida do motor
    Unha mestura homoxénea que facilita unha combustión máis limpa, desgasta menos o motor.
  • Por un mantemento máis económico
    O mantemento dun vehículo a gasolina é máis económico ca o dun diésel.
  • Polo custo do cambio de aceite
    Os períodos de cambios de aceite son máis longos pola ausencia de depósitos carbonosos que ensucian o aceite lubricante.
  • Axuste de inxectores e válvulas
    A relación custo / frecuencia é máis económica para vehículos gasolina-Autogas.
  • Polos custos do cambio do filtro
    A substitución de filtros en vehículos diésel é máis custosa que en gasolina-Autogas.
  • Pola súa autonomía
    As horas de traballo entre cada recarga é similar ás de gasolina e maior aos doutros carburantes alternativos como o GNC.
  • Porque o reaprovisionamento é doado e rápido.
  • Por unha condución máis suave, silenciosa e sen vibracións
  • Polo seu compromiso ante o Cambio Climático
    As emisións de CO2 poden ser ata un 15% inferiores aos vehículos a gasolina, emiten á atmosfera 1 500 quilos anuais menos de CO2.
  • Porque axuda á mellora da calidade do aire das cidades.
    AutoGas reduce as emisións de óxidos de nitróxeno nun 90% e dun 97% menos de partículas. (50% se os vehículos diésel están dotados de filtro de partículas) e fronte aos vehículos a gasolina, redúcense un 50% as emisións de CO e nun 37% as de HC. 
    Comparando o AutoGas con outros combustíbeis alternativos, como o metanol ou o etanol, o uso de GLP permite reducións de emisións similares ás dun de gasolina.
  • Polo custo do vehículo
    Un modelo a gasolina é sempre máis barato que o modelo diésel equivalente.
  • Polo custo do carburante:
    O prezo do AutoGas é aproximadamente a metade que o dos combustíbeis tradicionais e, tendo en conta o seu consumo, o aforro económico é de aproximadamente un 40% fronte á gasolina e dun 20% fronte ao diésel.
  • Polas especiais condicións da sinatura entre a Federación Galega de Autoescolas e Repsol Gas      
Por que acollerse a esta iniciativa:

 Se non lle quedou claro, dámoslle 10 razóns para que se decida e dea o salto:

  • Porque é o combustíbel alternativo máis utilizado no mundo.
  • Porque é unha realidade e o seu uso está cada vez máis estendido a nivel nacional e internacional.
  • Porque lle supón un aforro de custos na adquisición e nos mantementos.
  • Porque lle suporá un importante aforro en cada recarga.
  • Porque poderá utilizar os dous carburantes indistintamente ampliando a súa autonomía.
  • Porque lle proporciona a máxima seguridade e fiabilidade.
  • Porque reduce as molestias ocasionadas polo ruído e os olores.
  • Porque asume un maior compromiso co Medio e entre todos podemos cambiar o mundo.
  • Porque a F.G.A.E. avala a súa aplicación e o seu uso.
  • Porque con Repsol séntese avalado por unha gran compañía.     

 

Volver


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.