GLP Automoción no mundo - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Usos do GLP > Automoción > Mundo
GLP Automoción no mundo

 O mercado mundial do Autogás desenvólvese dende os anos setenta por razóns fundamentalmente económicas, de diversificación enerxética e ambientais. Dende entón, o mercado medrou ata alcanzar as cifras que se destacan a continuación e que confirman ao Autogás como o combustíbel alternativo aos convencionais máis desenvolvido tanto tecnolóxica coma comercialmente e máis implantado no mundo.


MERCADO MUNDIAL E EUROPEO DE GLP AUTOMOCIÓN (2007)


Vendas
(ton)
N.º de vehículosPuntos de venda


Datos mundiais

20 millóns13,3 millónsMáis de 51.000


Datos europeos

6,6 millóns7 millónsMáis de 33.000


Entre os factores que contribuíron a que o Autogás sexa a día de hoxe o combustíbel alternativo máis importante do mundo enuméranse os seguintes:
 

  • Contribúe á redución da contaminación urbana e mellora do ambiente.
  • Interese das administracións públicas, das empresas e dos cidadáns polas vantaxes de utilizar o Autogás.
  • Incentivos fiscais e subvencións para a adquisición e transformación de vehículos que utilicen Autogás.
  • Dispoñibilidade do produto.
  • Dispoñibilidade de vehículos e tecnoloxía por parte dos fabricantes.   

No seguinte cadro figura unha estatística dos países líderes en Autogás do mundo no ano 2007:

 

ESTATÍSTICA DOS 10 PAÍSES LÍDERES EN AUTOGÁS EN 2007 

          País          

N.º Vehículos

N.º Puntos subministración Autogás

Corea do Sur 

2.187.066 

1.533

Polonia 

2.050.000 

6.700

Turquía

2.000.000 

6.853

Italia 

1.002.118 

2.350

Australia 

620.000 

3.200

Rusia 

600.000 

2.000

México 

550.000 

2.500

India 

500.000 

550

Xapón

292.300 

1.900

Holanda 

270.000 

1.900

Fonte: World LP Gas Association  



 


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.