Dende o ano 1993 existe a Norma Europea EN 589, que regulariza a composición e características dos GLP empregados en automoción, detalla os límites máximo e mínimo de determinadas magnitudes, como porcentaxes de butano e propano. Pola súa banda, Repsol Butano desenvolveu unhas especificacións internas aínda máis esixentes que as estabelecidas a nivel europeo, onde se define con claridade a proporción de propano e butano, o contido de olefinas, xofre, residuo de evaporación, índice de octano e presión de vapor. Deste xeito garántese a non variabilidade da calidade do gas subministrado, de modo que o fabricante do vehículo pode poñelo a punto para permitir alcanzar uns niveis óptimos de seguridade, prestacións do vehículo e emisións contaminantes, e que estes valores se manteñan durante o seu uso.
A táboa seguinte mostra as principais características do GLP comparadas cos carburantes tradicionais (gasolina e gasóleo):
| Propano | GLP (med) | Butano | Gasolina | Gasóleo | |
Poder calorífico | MJ/l (liq.) MJ/kg | 23,7 46,4 | =25,4 =46,0 | 26,6 45,8 | 32,0 42,7 | 35,6 42,6 |
P. calirífico da mestura (l=1) | kg /l 25ºC | 3,35 | =3,37 | 3,38 | 3,46 | --- |
Estado en condicións ambiente | Gas | Gas | Gas | Líquido | Líquido | |
Presión en tanque | kg/cm3 20ºC 37ºC | 7,40 13,00 | 5 - 6 7 - 8 | 0,20 2,60 | 0,2-0,3 0,5-0,8 | < atm. < atm. |
Densidade en líquido | Kg /l 15ºC | 0,50 | =0,54 | 0,58 | 0,73 | 0,83 |
Densidade gas | kg/Nm3 | 2,02 | --- | 2,7 | --- | --- |
Volume (gas/líquido) | 15ºC | 274 | --- | 233 | --- | --- |
Relac. estequiométrica | En masa | --- | 1/15,5 | --- | 1/14,9 | 1/14,5 |
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.