Aspectos ambientais - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Aspectos ambientais

Estes aspectos constitúen o argumento fundamental para impulsar a utilización de GLP como carburante no transporte público, de maneira que para acometer un proxecto deste tipo é necesario o compromiso e a aposta por unha política ambiental decidida.

Estímase que o transporte urbano, que utiliza como combustíbel básico o gasóleo, é causante da seguinte porcentaxe de emisións á atmosfera:

  • 37% do consumo de enerxía final 
  • 12% do dióxido de xofre (SO2) 
  • 64% do monóxido de carbono (CO) 
  • 69% dos óxidos de nitróxeno (NOx) 
  • 33% dos hidrocarburos sen queimar (HC) 
  • 33% das partículas 
  • 30% do dióxido de carbono (CO2). 
  • 49% dos compostos orgánicos volátiles.

imagen

Ademais o transporte urbano é a principal fonte de ruído nas cidades. 

O uso do GLP permite alcanzar, na actualidade, niveis de emisións contaminantes moi reducidos. As principais vantaxes son as que se detallan a continuación:

      • -Redución moi por debaixo das regulamentacións existentes e futuras nas emisións contaminantes reguladas pola EN 589 (NOx, CO, HC e partículas) causantes de graves problemas de saúde humana, néboas contaminantes e chuvia ácida. Os autobuses de GLP, dependendo da tecnoloxía utilizada (carburación, inxección...), reducen estas emisións ata un 90% respecto á alternativa diésel.

  • A normativa ambiental futura incluirá o control das emisións a baixas temperaturas co obxecto de controlar os arranques dos vehículos, período no que se emiten grandes proporcións de contaminantes. Neste apartado o GLP presenta importantes vantaxes ambientais comparado coa gasolina e co gasóleo debido á súa rápida vaporización a baixas temperaturas, polo que se poden manter as condicións idóneas dende o punto de vista ambiental (relación aire/carburante igual á estequiométrica) tamén no arranque.

  • Importantes reducións nas emisións de escape de substancias contaminantes non reguladas na actualidade pero que, sen dúbida, serán incluídas en breve na normativa europea, debido aos seus perniciosos efectos sobre a saúde e o ambiente. Debido á composición química do GLP, as emisións de CO2 son ata un 10% inferiores ás dos vehículos diésel. O CO2 é considerado o principal culpábel do efecto invernadoiro que provoca o quentamento da atmósfera. As reducións nas emisións de aldehidos e compostos aromáticos, consideradas substancias con efectos canceríxenos, son claramente significativas en relación coas provocadas polos vehículos diésel.

  • Os niveis de ruído perceptíbel vense reducidos ata un 50%. Non contén xofre nin chumbo. Reduce os olores, fumes de aceleración e vibracións do motor a niveis mínimos.
          
    Estas excelentes prestacións ambientais dos vehículos de GLP tradúcense nunha redución dos custos externos municipais, isto é, dos gastos en sanidade, en limpeza da cidade ou os gastos para recuperar a deterioración do patrimonio histórico da cidade pola contaminación.       

Os gráficos seguintes mostran unha comparación das emisións en escape de vehículo a GLP segundo Euro 4:



imagen

Emisións de MEP non reguladas na norma. Valores representados corresponden a medidas reais (programa PMP)


Volver


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.