GLP Automocion en España - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

GLP Automocion en España

A orixe do mercado español de GLP automoción remóntase aos anos sesenta, cando comeza a utilización deste carburante, subministrado a través de botellas de 12 kg, para a súa utilización exclusivamente en vehículos autotaxis. Este mercado desenvolveuse de xeito importante durante a década dos setenta e inicios dos oitenta, principalmente polas importantes vantaxes técnicas e económicas que ofrecía fronte ás versións diesel dos motores daqueles tempos, ata superar nos mellores anos as 100.000 toneladas/ano.

Pola súa banda, o desenvolvemento do mercado de GLP como carburante para vehículos pesados iniciouse na década dos oitenta, na que se levan a cabo con éxito distintas experiencias para transformar motores diesel de autobuses urbanos para a súa utilización con GLP.

 

Aspectos normativosAspectos Ambientais


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.