GLP en Automoción (Autogás)
A utilización do Autogás no sector de automoción inclúe os seguintes segmentos: turismos, furgonetas, autobuses urbanos, carretas elevadoras, etc.
A tecnoloxía necesaria para poder utilizar Autogás nos vehículos está en constante evolución e plenamente desenvolvida a día de hoxe.
Os vehículos impulsados con Autogás contan con prestacións, seguridade e fiabilidade equivalentes ás dos vehículos de gasolina ou diésel e ofrecen ademais as seguintes vantaxes técnicas:
- Unha mestura homoxénea, controlada e ben distribuída nos cilindros co aire comburente, co que se facilita unha combustión máis limpa e completa.
- Maior duración do motor grazas a un menor desgaste deste.
- Un mantemento máis económico grazas a un menor número de avarías e a uns períodos de cambios de aceite máis longos pola ausencia de depósitos carbonosos que ensucian o aceite lubricante.
- Maior potencia e maior par motor a carga parcial (arranques e paradas dos vehículos) que é o réxime de funcionamento dos vehículos no ámbito urbano
- Condución suave, silenciosa e sen vibracións.
- Sinxela estación de enchedura de vehículos cos mesmos elementos que unha estación de subministración de gasóleo (depósitos de almacenamento, bombas e surtidores).
- Pódese situar unha estación de enchedura en calquera punto da xeografía urbana. Tempos de recarga mínimos.