Usos de GLP - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Gas (Butano e propano) > Guía dos GLP's > Usos do GLP
Usos de GLP

REPSOL comercializa Gases Licuados do Petróleo (GLP) en 10 países a través de varias marcas, é líder indiscutíbel en varios destes mercados (España, Arxentina, Perú, Ecuador, Chile).

A evolución do mercado enerxético e as cada vez maiores esixencias dos nosos Clientes, que demandan unha subministración de enerxía limpa, cómoda e económica para cubrir as súas necesidades, fan que REPSOL deba deseñar os seus produtos pensando nunha oferta flexíbel, adaptada a cada Cliente, coidando a calidade de servizo e a garantía de subministración.

Para cada caso concreto, REPSOL estuda co Cliente as súas necesidades e asesórao sobre a instalación de GLP máis axeitada e o tipo de contrato que máis se adapta aos seus requisitos.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.