En restauración o consumo de auga quente adoita ser proporcional ao número de comidas servidas, e non presenta diferenzas significativas entre estabelecementos. Pola contra, a demanda de calefacción está totalmente condicionada polo réxime climático do lugar onde se sitúe o restaurante, polo que se dan diferenzas moi acusadas que xustifican a heteroxeneidade nas solucións enerxéticas adoptadas.

As diferenzas entre restaurantes e hoteis, dende o punto de vista enerxético, radican esencialmente nunha maior demanda de auga quente sanitaria e calefacción nos hoteis. Son, polo tanto, igualmente válidos as catro solucións descritas no apartado dos restaurantes, considerando que no caso de hoteis os equipos son de maior potencia, o depósito de almacenamento de maior capacidade e as instalacións poderán ser centralizadas. A cociña deixa de ser a principal demandante de enerxía e o aforro na factura enerxética xustifica a instalación de caldeiras centrais alimentadas por gasóleo.
Así mesmo no caso de solucións eléctricas a refrixeración terá un maior peso. Non obstante, para hoteis pequenos, casas rurais, refuxios de montaña, etc., o propano conta con opcións reais, que se porán de manifesto na análise comparativa.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.