Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Guía dos GLP's > Unha solución para cada sector > Sector restauración e hostelaría
Sector Restauración e Hostalaría

Os restaurantes e os hoteis teñen en común, a prestación do servizo de manutención aos seus clientes, o que esixe satisfacer, entre outras, as necesidades enerxéticas asociadas á cociña. É un sector de interese para o gas propano, pola unión dun consumo enerxético significativo e unha elevada dispersión dos estabelecementos -a miúdo afastados dos núcleos de poboación-, que actualmente se atopa en plena expansión.

En xeral, e salvo indicación en sentido contrario, referirémonos sistematicamente a restaurantes e hoteis non situados en centros urbanos; e en concreto, a locais que non dispoñen de gas natural como posíbel alternativa.

Restaurantes

Os restaurantes son estabelecementos destinados a prestar un servizo de comidas aos clientes. En consecuencia, o seu núcleo básico é a cociña. Dado que en cociñas de tipo industrial o estándar son os queimadores de gas, practicamente todos os restaurantes utilizan o gas propano. A cuestión relevante é aproveitar esta circunstancia para satisfacer co gas propano as outras demandas enerxéticas do restaurante en:

  • Outros aparellos da cociña
  • Auga quente sanitaria (a.q.s)
  • Calefacción
  • Refrixeración

Hoteis

O caso dos hoteis é comparábel ao dos restaurantes, salvo que as necesidades enerxéticas de AQS, calefacción ou refrixeración son moito máis importantes e, en consecuencia, adoitan ser satisfeitas con solucións enerxéticas específicas -en xeral coa utilización de gasóleo e/ou electricidade-. Ademais hai que contar con novas necesidades enerxéticas (lavandaría, climatización de piscinas, etc.) que admiten diversas solucións enerxéticas, cada unha coas súas vantaxes e cos seus inconvenientes.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.