Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Unha solución para cada sector > Sector metalúrxico > Solucións para metalurxia e siderurxia
Solucións para metalurxia e siderurxia con gas propano

As fontes enerxéticas que son competencia do gas propano no proceso siderúrxico e metalúrxico son: a electricidade e o gas natural.

O gasóleo, polas súas características, non permite a súa utilización en todos os casos e, de feito, moitos dos fornos necesarios nos procesos metalúrxicos non se fabrican para traballar con gasóleo como combustíbel. Pode considerarse, xa que logo, que a competencia directa do gas propano neste sector é a electricidade. O gas natural, polas tarifas actualmente existentes, desbanca ao gas propano neste sector naqueles lugares onde está dispoñíbel. Como regra xeral, en zonas onde hai gas natural, pódese afirmar que o gas propano atopa o seu sitio natural en industrias metalúrxicas de valor engadido medio ou alto con consumos en torno a 100 t/ano, nas que asumir o investimento inicial de conectarse ao gas natural resulta difícil.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.