Durante a crianza, a temperatura ten unha importancia fundamental, pois inflúe notabelmente no crecemento e na eficaz transformación do penso.
Hai que diferenciar entre a temperatura próxima ao foco quente e a temperatura ambiente. Os polos achéganse ao foco quente do mesmo xeito que acoden ao acubillo da nai. Neste sentido, resulta máis prexudicial unha temperatura de foco quente 2 ou 3°C por debaixo da necesaria que unha temperatura ambiente 10°C inferior á precisa.
Para os polos adultos as temperaturas máis axeitadas son as comprendidas entre 10°C e 20°C; a temperatura óptima sitúase arredor dos 15°C. As temperaturas críticas inferiores están comprendidas entre 5°C e 10°C e as críticas superiores
entre 20°C e 25°C.
As temperaturas por enriba da crítica superior son prexudiciais; as temperaturas elevadas prexudican a formación de calcio, con temperaturas por enriba de 25°C as aves perden apetito e beben moita auga, aos 30°C aparecen síntomas de prostración, e a partir dos 35°C poden desfalecer e morrer. Por iso as granxas colócanse sobre todo en zonas frías.
No seguinte gráfico represéntanse as temperaturas óptimas durante a crianza dos polos:

Os sistemas de calefacción empregados en granxas de polos son:
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.