A calor que necesiten os porcos dependerá da etapa da vida na que se atopen. Diferéncianse tres etapas:
Os leitóns acabados de nacer teñen moi poucas defensas para loitar contra as baixas temperaturas. Nacen sen pelo e coa pel moi húmida e con escasas reservas acumuladas no sangue e no fígado. Durante as primeiras horas de vida, en tempo frío, a temperatura corporal baixa de golpe, tanto máis rapidamente canto máis pequeno sexa o animal. Despois da primeira tetada, a temperatura aumenta paulatinamente ata alcanzar o límite normal dentro das 24 horas; pero cando o ambiente da parideira é frío non se consegue elevar a temperatura corporal ata despois de 6 ou 8 días, podendo producir a morte ao leitón, ou un desenvolvemento atrasado.
No seguinte gráfico preséntanse as temperaturas óptimas e críticas dos leitóns sen cama de palla:

Cando existe cama de palla estes valores poden diminuír en tres graos. Pasado este tempo (un mes aproximadamente), abandonan a parideira e ocupan a nave de desteta.
O gando de recría (dende a desteta ata os 20-25 kg.) e cebo (dende o final de desteta ata a súa venda) é menos esixente en canto a temperatura ambiental (en torno a 20°C en función do peso); o mesmo que os reprodutores cuxas temperaturas óptimas están en torno aos 15°C.
En todas as idades o porco é un animal moi sensible aos cambios bruscos de temperatura, con efectos máis prexudiciais cando se pasa de maior a menor temperatura. Non convén que as variacións diarias da temperatura ambiental
excedan de 5°C.

Os sistemas de calefacción para leitóns utilizados actualmente son:
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.