Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > ... > Sector doméstico > Solucións para o sector doméstico > Solución con gas butano
Solución con gas butano

Repsol YPF pon á súa disposición unha ampla gama de produtos e servizos para mellorar as prestacións do seu fogar -calefacción, auga quente e cocción- e, para coñecer as características de cada un deles e as súas vantaxes, nada mellor que repsolypf.com. 

Se quere atopar a enerxía doméstica que máis se adapta ás súas necesidades e aproveitar ao máximo as súas prestacións, non dubide en consultarnos. 

Ademais, a través dos servizos interactivos, poderá realizar operacións e consultas dos produtos que consuma. Un xeito, cómodo, rápido e sinxelo de sacar o máximo beneficio á enerxía da súa casa.

Os gases licuados do petróleo -G.L.P.- teñen grande número de utilidades no ámbito doméstico. Non obstante, hai que ter en conta certas consideracións previas de cara á súa utilización:

  • O butano e o propano, aínda tendo usos moi similares, empréganse de forma diferente dependendo do punto de ebulición necesario. 
  • Empregarase o butano cando se trate dun consumo reducido como pode ser a utilización doméstica. 
  • Para usos industriais e domésticos de maior consumo (cociña, auga quente sanitaria, calefacción) e utilización á intemperie -onde a temperatura pode baixar por debaixo dos cero graos-, aconséllase empregar propano. 
  • As instalacións -sobre todo as de uso doméstico- para os gases butano e propano son sinxelas e rápidas de crear, así como económicas. 
  • Non contaminan nin deixan residuos como outras fontes de enerxía. Constitúese así como un tipo de enerxía moderna e cómoda.    

Os aparatos de utilización de gas propano ou butano difiren sensiblemente dos aparatos que funcionan con outros gases, sobre todo nos inxectores -que son dun diámetro menor- e nos queimadores -cunha maior entrada de aire primario- así como nas chaves de corte -que debido á grande fluidez dos GLP deben ser de maior estanquidade.


imagen

Os envases de butano teñen o seu uso preferente en:

  • Cocción: cociñas e fornos.
  • Auga quente: quentadores.
  • Calefacción: estufas móbiles.    


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.