Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Unha solución para cada sector > Sector doméstico > Necesidades enerxéticas na vivenda
Refrixeración

A refrixeración constitúe unha das aplicacións do propano con maior potencialidade, xa que as condicións climáticas inclinan á instalación de sistemas de acondicionamento de aire en moitos fogares. 

A obtención dun ambiente san e confortable esixe o control de cinco propiedades ou características do aire:

  • Temperatura 
  • Contido de humidade 
  • Velocidade do aire 
  • Limpeza do aire 

Ventilación 

Ata o presente, os equipos de refrixeración a gas non tiveron unha gran difusión, principalmente polo seu elevado custo; os equipos eléctricos equivalentes son máis económicos e a diferenza no prezo do combustible xustifica o sobreinvestimento só en situacións particulares. 

Debe destacarse, finalmente, que algunhas unidades de refrixeración admiten o funcionamento inverso, actuando como bombas de calor para calefacción. Este funcionamento é particularmente interesante nos equipos a gas, pois pode empregarse como calor útil, a calor de refrixeración do motor de combustión que acciona o equipo.


Volver


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.