Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Unha solución para cada sector > Sector doméstico > Necesidades enerxéticas na vivenda
Calefacción

As necesidades de calefacción defínense para manter unha temperatura interior de 20°C, que representa a condición de comodidade. O consumo dependerá de diversos factores: 

  • Superficie a quentar da vivenda 
  • Vivenda illada, pareada ou en edificio de vivendas 
  • Zona climática (graos-día) 
  • Orientación do edificio 
  • Grao de illamento, xeralmente mellor en zonas máis frías 
  • Nivel de renda      

No caso dunha vivenda illada de 200 m2 os consumos de calefacción en termias/ano son, aproximadamente, os que se indican a continuación segundo zona xeográfica:


imagen

No caso de vivendas en bloque tómase como vivenda base para o estudo unha das plantas intermedias dun edificio de sete plantas, con dúas vivendas de 90 m2 por planta. Os consumos de calefacción en termias/ano son, aproximadamente, os que se indican na seguinte táboa:


imagen

A diferenza de consumo entre a solución individual e a centralizada débese a diferenzas nos coeficientes de redución do consumo por utilización e intermitencia e por rendementos de sistemas (xeración de calor, distribución, regulación e equilibrado). 

O rendemento de distribución contempla nas solucións centralizadas, as perdas na distribución da enerxía dende o punto de produción (a caldeira), ata as vivendas. Este rendemento é a unidade nas solucións individuais, xa que todas as perdas na distribución da calor son achegadas á propia vivenda. 

O rendemento de regulación e equilibrado ten en conta a capacidade de cada sistema de adecuar a súa produción térmica ás demandas reais de calefacción en cada ambiente (regulación), así como os desequilibrios nas distribucións hidráulicas (equilibrado). 

En calefacción aplícase ademais un coeficiente de uso e intermitencia co fin de corrixir os consumos globais en unción dos períodos en que non se conecta a calefacción por ausencias, viaxes, fins de semana, etc. 

Finalmente deberá considerarse, naquelas solucións centralizadas nas que o custo da enerxía por vivenda se distribúe de forma ponderada ao consumo total da colectividade, que este custo e o consumo enerxético asociado, son un 20 -30% superiores en media ao caso no que cada vivenda contabiliza e paga realmente o que consume.


Volver


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.