Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Unha solución para cada sector > Sector cerámico > Solucións para o sector cerámico
Solucións para o sector cerámico con gas propano

Dos procesos descritos no capítulo anterior, o gas propano pode constituír a fonte de enerxía en calquera que implique quentamento, e en concreto nas tres etapas: atomización, cocción e secado.

As fontes enerxéticas que son ou foron competencia do gas propano no proceso cerámico son:

  • O gasóleo
  • A electricidade
  • O gas natural
  • O fuel
  • O carbón e outros combustíbeis sólidos
  • As calores residuais en procesos a baixa temperatura (secado, prequentamento...). 

Para determinados procesos cerámicos, algunhas desas fontes de enerxía están descartadas. Por exemplo, o fuel e os combustíbeis sólidos utilízanse case exclusivamente na fabricación de materiais de construción de cerámica vermella (ladrillos, tellas, bovedillas...), é dicir, produtos de baixo valor engadido por peza. Alí prímase ata tal punto o custo que se utiliza case "calquera produto barato que queime".

Pode considerarse polo tanto que a competencia directa do gas propano constitúena a electricidade e o gasóleo. O gas natural, polas tarifas actualmente existentes, desbanca o gas propano neste sector naqueles lugares onde está economicamente dispoñíbel. Como regra xeral, en zonas onde hai gas natural, pódese afirmar, que o gas propano atopa o seu sitio natural en industrias cerámicas de valor engadido medio ou alto, con consumos inferiores a 100 Tm/ano, nas que é elevado o investimento inicial de conectarse ao gas natural.

Na fabricación de cerámica vermella a competencia é o gasóleo, mentres que a electricidade é habitual en pequenos talleres de cerámica de artesanía, con consumos pouco importantes.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.