
Dentro do sector agrícola destaca o uso do GLP nas seguintes aplicacións:
Coa redución da humidade dos produtos agrícolas no momento da súa recolección preténdese minimizar as perdas cualitativas e cuantitativas de produto durante o período de almacenamento.
A utilización de aire quente ten como fin conseguir os niveis de humidade axeitados para favorecer a conservación dos grans de cereais, tabaco, madeira, etc., evitando o desenvolvemento de microorganismos e a activación de reaccións que causen a deterioración destes produtos.
A construción de invernadoiros permitiu o desenvolvemento da horticultura protexida, creando un microclima máis favorábel que o existente no exterior. Algunhas especies requiren temperaturas elevadas para o seu desenvolvemento, e é necesario acudir a un réxime térmico artificial, para o cal se opta pola instalación de sistemas de calefacción no invernadoiro. Ademais, manter unhas condicións sen cambios bruscos nas variables climáticas permite conseguir o desenvolvemento ideal e obter os maiores rendementos.
A calefacción nos invernadoiros ten por obxecto a regulación da temperatura ambiente e a do cultivo, co fin de mellorar o rendemento, a precocidade e a calidade deste, provocando un aumento da produción e un adianto na súa recollida, á vez que se evitan os defectos que provocan as baixas temperaturas. Resáltase a importancia da precocidade, xa que un adianto de 2-3 semanas na recollida da produción invernal pode provocar substanciais ganancias no agricultor, a quen lle interesa sacar a máxima cantidade de produto cando a produción é menor, que é cando máis valor ten no mercado.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.