Repsol Mar e+
Potencia natural para a túa embarcación. O gasóleo pensado especialmente para o teu motor.
Repsol Mar e+ é un gasóleo B especialmente indicado para as embarcacións de pesca, de transporte de pasaxeiros e de servizo en portos, que cumpre as normas e especificacións máis esixentes.
Vantaxes de Repsol Mar e+
- Protexe o sistema de alimentación do motor porque, como presenta un axeitado comportamento a baixas temperaturas, evita a precipitación de parafinas e, polo tanto, a obstrución de filtros, co que se garante unha axeitada fluidez do gasóleo.
- Respecta o medio ambiente, xa que grazas ao seu índice de cetano, facilita o arranque en frío e contribúe a reducir o ruído e as emisións contaminantes.
- Conta cun servizo técnico e comercial en todo o litoral español, ademais de expendedores formados especificamente para preservar a seguridade nas operacións.
- Ten a maior presenza en portos e as súas instalacións están dotadas de equipos para a prevención e loita contra a contaminación.