Efectivamente, debido ao novo marco legal de liberalización do sector eléctrico, Gas Natural iniciou no ano 2000 a subministración de electricidade a través da súa filial Gas Natural comercializadora que, en só dous anos, acadou unha cota de participación de arredor do 3% no mercado liberalizado.
Nas sucesivas etapas da liberalización, Gas Natural comercializadora ten todos os atributos para converterse nun dos líderes do sector.
Actualmente a oferta diríxese a consumidores con subministro a alta tensión, é dicir, superior aos 1000 Voltios.
Se este é o seu caso e o seu consumo anual está entre os 15.000 e os 200.000 kWh, comprobe as condicións da nosa oferta.
O noso obxectivo é ofrecer un servizo competitivo e de calidade, especialmente adaptado a empresas.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.