
Só unha empresa autorizada pode facer ou modificar unha instalación de gas.

Se detectas unha anomalía nos teus aparellos ou na túa instalación, avisa o servizo técnico do fabricante ou unha empresa instaladora autorizada para que o corrixan.

Cada catro anos, polo menos, fai que unha empresa instaladora autorizada revise a túa instalación e os teus aparellos de gas, e che estenda o correspondente certificado oficial.

Non obstrúas as reixas de ventilación.

Se acristalas a terraza ou o tendedeiro, non esquezas abrir as reixas de ventilación.

O tubo de saída de produtos da combustión é fundamental para o bo funcionamento dos aparellos que o necesiten. Fai que cho instale persoal especializado, seguindo a normativa vixente.

Vixía o estado dos tubos flexíbeis de conexión. Instala tubos flexíbeis de alta seguridade.

En ausencias prolongadas, pecha a chave de paso do gas da túa vivenda

O bo estado da lapa (estábel e azul) asegura que se está producindo unha boa combustión.

Evita que se apague a lapa dos fogóns mentres cociñas. Se o fume da lapa chisna as
cazolas avisa o servizo técnico do fabricante do aparello.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.