Podes doadamente adoptar unhas medidas que che farán aforrar enerxía no teu fogar.
Na cociña:
Non deixes que a lapa da túa cociña supere o fondo dos recipientes.
Tapa as cazolas, a cocción é máis rápida.
Se instalas unha placa vitrocerámica, recorda que as de gas teñen zonas de aproveitamento da calor, nas que, sen custo adicional, podes manter pratos quentes, cociñar con baixa temperatura, etc.
Na calefacción:
Deixa entrar os raios de sol na túa casa.
Se a túa calefacción é individual, estabelece unha temperatura de confort, mediante o termóstato e o reloxo programador de arranque/apagamento.
Se a calefacción é colectiva, non abras as ventás se sentes demasiada calor; pecha a chave dos radiadores.
Non tapes os teus radiadores con mobles, cortinas, etc.
Non uses os radiadores para secar roupa.
Axusta ben as portas e as ventás usando material illante.
Se che é posíbel, pon dobres ventás, ou polo menos cristais dobres.
Axusta o termóstato do teu quentador ou caldeira
Na auga quente:
Se deixas que a auga se quente demasiado, terás que mesturala con fría no baño, na ducha, etc. , coa conseguinte dilapidación.
A maioría das lavalouzas poden conectarse á canalización de auga quente producida polo teu quentador de gas. Así evitarás quentar auga con electricidade e aforrarás tempo e diñeiro.
Tamén algunhas lavadoras poden conectarse á auga quente e á auga fría, con resultados semellantes de aforro.