Servizos online - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Fuel óleos > Servizos en liña
Servizos online
Servicios online

Todas as xestións que as empresas fan acotío requiren moitos traslados, coa conseguinte perda de tempo

repsolypf.com invita os seus clientes a gozar dos servizos online para que dunha forma máis cómoda e áxil poidan acceder a toda a información de interese para a xestión do seu negocio.

Calquera usuario que necesite información personalizada poderá realizar unha consulta de fuel óleos premendo aquí ou contactando coa compañía a través dos teléfonos de atención ao cliente.


Ordenador y factura

Algunhas das operacións online que cómpre destacar:

  • Realizar pedidos, así como consultas, modificacións ou anulacións destes.
  • Consulta de facturas.
  • Consultar saldos.
  • Seguimento mensual de albarás.
  • Base de datos de clientes.
  • Actualizar datos do contrato.
  • Pedir revisións das instalacións.
  • Sistema Telemedida. É unha das operacións online máis importantes de carburantes e combustíbeis. Este sistema permite ao usuario:
    -Consultar o contido de carburante dos seus depósitos e emitir automaticamente un pedido cando o nivel baixe dun límite predeterminado.
    -Consultar alarmas producidas nos depósitos.
    -Modificar o límite predeterminado.
    -Visualizar o calendario de restricións das subministracións.
  • Acceso a ISO 9000. Poderá realizar consultas de documentación, consultas de informes cuadrimestrais, determinar obxectivos e accións correctivas e moito máis.                    

Dende a páxina poderá coñecer todos os tipos de gasóleos comercializados por Repsol YPF e localizar o servizo de distribución ou a estación de servizo máis próxima ao seu domicilio.

Acceso a servizos online


Para acceder aos servizos online de repsolypf.com, é necesario estar rexistrado. Se aínda non o está, prema aquí. Ademais, poderá gozar doutras vantaxes de ser cliente de Repsol YPF, como unha conta de correo electrónico gratuíta e consultar boletíns informativos para profesionais.

Se o desexa, tamén poderá acceder directamente dende a páxina de inicio, introducindo os seus datos no acceso para clientes de Repsol YPF.

Descubra o que repsolypf.com pode ofrecerlle.


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.