Envase activo - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Envase activo

RYCOAT F-100, EMULACTIV C-1
Novo Concepto de Envase para o Transporte de Froitas e Hortalizas

imagen

RYCOAT F-100, EMULACTIV C-1 

REPSOL deseñou, en colaboración co grupo GUIA da Universidade de Zaragoza, un novo concepto de embalaxe para o transporte de froitas e hortalizas. Trátase dunha cera, RYCOAT F-100 en forma sólida ou EMULACTIV C-1 en emulsión, que unha vez aplicada ao papel ou ás caixas de cartón evita a proliferación de axentes patóxenos e alonga a vida das froitas e hortalizas que transporta. Esta nova embalaxe conserva ademais as súas propiedades de barreira antihumidade e denomínase ENVASE ACTIVO.

¿QUE É UN ENVASE ACTIVO? 

En termos xerais, ENVASE ACTIVO defínese un tipo de envase que "achega compostos que protexen o alimento ou ben absorbe os que o deterioran" e pode actuar por contacto (o alimento debe estar en contacto co envase) ou por atmosfera (o alimento non necesita estar en contacto co envase). Ambos os dous produtos, RYCOAT F-100 e EMULACTIV C-1, actúan por atmosfera xerando un ambiente no interior da caixa que impide o crecemento de axentes patóxenos.

A maioría das enfermidades que afectan a froitas e hortalizas débense ao ataque de mofos e fermentos. Entre os primeiros, os máis importantes son: P. nalgiovense, E. repens, P. islandicum, P. roqueforti, A. flavus, B. cinerea, P. expansum, P. digitatum ou D. hansenii; entre os fermentos, están a C. albicans e a Z. roxii. Estes microorganismos son responsábeis de preto do 25% das perdas de froitas e hortalizas en España. 


imagen

FORMA DE APLICACIÓN

RYCOAT F-100 e EMULACTIV C-1, ademais das súas especiais características bactericidas, conservan a capacidade de formar barreira antihumidade dos produtos de recubrimento de cartón tradicionais. Utilízanse do mesmo xeito que estes produtos e non necesitan ningún equipo especializado para a súa aplicación.


PRECAUCIÓNS E CONDICIÓNS DE ALMACENAMENTO

Para favorecer as condicións protectoras de RYCOAT F-100 e EMULACTIV C-1 ao máximo da súa actividade, débense manter as caixas en lugar fresco e evitar longos períodos de almacenamento.

RYCOAT F-100, EMULACTIV C-1 

Os produtos RYCOAT F-100 e EMULACTIV C-1 están compostos por unha mestura de ceras e esencias naturais especialmente deseñadas para a protección de froitas e hortalizas fronte ao ataque de diferentes axentes patóxenos. 

Cumpre con todas as normativas alimentarias (FDA, Directiva 2002/72/EC...). Os ensaios de laboratorio leváronse a cabo na Universidade de Zaragoza. Estes ensaios demostraron a efectividade de ambos os dous produtos para a protección dos alimentos fronte a mofos, fermentos e bacterias, alongando o tempo de vida de froitas e hortalizas.

Máis información ou chamando o 901 111 999



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.