Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Xofre

Azufre

O xofre obtido na unidades Claus das refinarías posúe unha elevada pureza -superior ao 99,5%-, o que permite  dispoñer dunha ampla gama de produtos e aplicacións (fertilizantes, fibras téxtiles, produtos químicos, etc.).

En cultivos agrícolas empréganse os xofres moídos Redesul® que actúan como funxicidas, acaricidas e insecticidas, ademais de como nutrientes e correctores de chans.

Os xofres micronizados Rubersul®, dispoñíbeis en seco ou mesturados con distintas proporcións de aceite, úsanse como axentes vulcanizantes na industria do caucho.

Presentación:

Os Rubersul® atópanse dispoñíbeis en sacos de papel paletizados de 25 kg netos, 24 t netas por camión ou 12,5 t netas por colector de 20 pés para o transporte marítimo.

Pola súa banda, Redesul® pode ser dispensado tamén en sacos de 10, 25 ou 40 kg netos.
O xofre das plantas de Claus normalmente véndese a granel e transpórtase en camións ou en barcos. Nalgunhas ocasiones, sérvese en grandes bolsas de 500, 1.000  ou 1.800 kg, así como en sacos cun peso neto de 25 e 50 kg.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.