Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Asfaltos > Información de produtos > Ligantes sintéticos pigmentábeis

Ligantes sintéticos pigmentábeis

Betunes pigmentables

O betume pigmentábel Recofal é un produto patentado con tecnoloxía propia e desenvolvido polo Centro de Tecnoloxía de Repsol YPF. Son produtos aglomerantes de propiedades similares aos betumes. Obtéñense a partir dunha mestura de resinas, aceites e polímeros. Os ligantes sintéticos son incoloros en película fina e mediante a incorporación de pigmentos minerais pódeselles conferir a coloración desexada.

En Repsol YPF prodúcense ligantes sintéticos, baixo a denominación RECOFAL, para a fabricación de mesturas pigmentadas, axeitadas para a súa aplicación en zonas especiais. Pódense conseguir pavimentos de todas as cores cunha nitidez e luminosidade excelentes. Igualmente permite a súa utilización sen pigmento ningún e resulta a cor da mestura igual á do árido, ideal para conseguir tonalidades naturais e plenamente integradas co ámbito.

Estes betumes aplícanse en:

  • Pavimentacións de carrís para bicicleta en parques e xardíns.
  • Construción de beirarrúas e medianeiras.
  • Construción de aparcadoiros.
  • Zonas especiais con fins de seguridade
  • Patios visitábeis de edificios
  • Pistas deportivas
  • Zonas de estacionamento de servizos públicos de transporte
  • Paradas de autobús
  • Túneles de cores claras para reducir as necesidades de iluminación.     

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.